Provincia
Dúas persoas sofren unha crise de ansiedade tras estourar unha bombona nun cámping de O Grove
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta noite a dúas persoas afectadas polo estado de nervios que padeceron tras estourar unha bombona nun cámping, situado en San Vicente do Mar, na localidade pontevedresa de O Grove. Ao redor da unha desta madrugada, o propietario do cámping pedía axuda ao CAE 112 Galicia. Indicou que acababa de estourar unha bombona de butano no exterior dun dos edificios das instalacións. Aseguraba, que a bombona -que manipulaba un dos usuarios- xa fora retirada e que non había persoas feridas.
De seguido, tras recibir o aviso, o 112 Galicia puxo en alerta aos bombeiros do Salnés e aos efectivos de Protección Civil de O Grove e do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo. Unha vez desprazados ao punto, os membros do servizo de emerxencias confirmaron ao persoal do 112 Galicia que a bombona se atopaba na cociña exterior dunha caravana, e, tras estourar, afectou tanto á caseta como ó que había no seu interior, (neveira, mobles de cociña …). Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais mais que, as dúas persoas que segundo explicou o alertante –quedaron en estado de shock- tras o estouro. Aínda así, os servizos sanitarios confirmaron que non foi preciso trasladar a ninguén. Dende o 112 Galicia tamén se informou do suceso á Garda Civil e ao persoal da empresa subministradora do gas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213