Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 03 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Oito autobuses partirán do Condado hoxe para participar na manifestación na defensa da sanidade pública

O BNG  da comarca do Condadofai un chamamento aos  aos veciños e veciñas dos concellos que integran a comarca do Condado Paradanta e Louriña do BNG a participar na manifestación deste xoves día 3 en vigo na defensa dunha sanidade pública de calidade e universal.

 

Dende o BNG aseguran que sempre demandou “a construcción dun hospital público equipado cos últimos avances en atención sanitaria para o área sanitaria de Vigo. Denunciamos poúblicamente de forma reiterada a decisión do goberno do PP na Xunta a decisión de construir un novo hospital baixo a modalidade de concesión a fondos inversores coa consecuencia de ter na actualidade un Novo Hospital con numerosos servizos privatizados, unha construcción de baixa calidade e cun alto custe de fondos públicos”.

 

“A esta decisión da Xunta de Galiza de apostar por unha sanidade de peor calidade,  súmase a posta en funcionamento do Hospital  cun protocolo de traslados caótico co correspondente risco para a sáude dos e das usuarias e e a falla de planificación en habilitar liñas de transporte público dende as comarcas do Condado, Louriña e Paradanta” indican nun comunicado de prensa.

 

O BNG do Condado afirma que ten “organizado e contratado oito autobuses para favorecer o traslado dos veciños e veciñas a manifestación do xoves  que sairá as 20:00 do Hospital Xeral de Vigo”.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.