Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 04 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Centro Comercial Aberto do Porriño – Morea ultima os detalles da XIII edición da feira de oportunidades “Merca na Rúa”

A Presidenta do Centro Comercial Aberto do Porriño– Morea da Asociacion de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez Rodríguez, e a xerente do mesmo, Noelia Conde, compareceron hoxe para [Img #20270]informar da próxima celebración da XIII edición da feira de oportunidades “Merca na Rúa”, un evento que nesta ano 2015, acada a súa XIII edición, deixando constancia con elo de que é, sen dúbida, un evento consolidado e de referencia na área.

 

O “Merca na Rúa 2015” celebraráse os vindeiros días sábado 12 das 10 horas da mañá ás 22 horas da noite, e o domingo 13 de setembro de 11 horas da maña ás 20:30 horas da tarde, na zona peonil da rúa Ramón González .

 

Nesta edición, serán máis de 21 os establecementos que participarán no “Merca na Rúa”, o que supón unha ampla oferta de produtos aos asistentes. Textil, deportes, moda e complementos, confección, calzado, moda infantil, xoguete, pequeno electrodoméstico, marquetería, óptica, etc… serán entre outros moitos, algún dos servizos e produtos que non quixeron perderse a nova edición de “Merca na Rúa”.

 

Asimesmo, como noutras ocasións, o “Merca na Rúa” disporá de animación para nenos e nenas, coa presenza de inchables gratis para o seu disfrute.

 

Un evento consolidado que atrae cada vez a máis consumidores

 

A presidenta de ACIPOR  Dona Juana Pérez Rodríguez destacou como conclusión, que “Merca na Rúa” convertiuse xa nun evento consolidado para o noso comercio e un evento atractivo para os consumidores non só do Porriño, senon tamén da nosa área. Bó exemplo delo é a crecente afluencia de compradores e o progresivo aumento de establecementos que queren participar, que cada ano, vai medrando, dando testimonio da importancia crecente da feira.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.