O Porriño
A Policía Local inicia unha campaña de control do uso do cinto de seguridade
Hoxe a Policía Local do Porriño vai iniciar unha nova campaña de vixilancia e control da utilización do cinto de seguridade e sistemas de retención infantil, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.
![[Img #20274]](upload/img/periodico/img_20274.jpg)
A Policía Local do Porriño desenvolverá entre os días 7 e 13 de setembro unha nova campaña de vixilancia e control da utilización do cinto de seguridade e sistemas de retención infantil. A actuación corresponde á aposta da Policía Local pola colaboración continua entre institucións, neste caso sumando esforzos e apoiando as campañas que en materia de Tráfico e Seguridade Vial establece a Dirección Xeral de Tráfico.
Dende o Concello do Porriño recórdase que o uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil resulta útil en calquera traxecto curto ou longo, urbano ou interurbano. Todos os ocupantes dun vehículo deben ir suxeitos cun sistema de retención adecuado. O percorrido do cinto de seguridade ou do arnés nunca debe ir por enriba do pescozo. Debe axustarse sobre as cadeiras e sen folguras.
Os sistemas de retención infantil son obrigatorios para os nenos cunha altura inferior a 1,35 cm. A banda diagonal do cinto ten que pasar pola clavícula sobre o ombreiro e ben pegada ao peito, mentres que a banda ventral ten que quedar o máis baixa posible sobre a cadeira. Nunca se debe levar a un neno en brazos, nin utilizar o mesmo cinto de seguridade do adulto para protexerlle.
Un neno sen suxeición multiplica por 5 as posibilidades de sufrir lesións mortais ou graves. Un dos obxectivos da Estratexia de Seguridade Vial 2011-2020 é “lograr que ningún neno perda a vida por non ir correctamente sentado nunha cadeira adecuada para o seu peso e talla”
Menos positivos
Esta nova campaña da Policía Local do Porriño en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico súmase á xa realizada o pasado mes de agosto sobre vixilancia e control de alcohol e drogas nos condutores. Entre os días 10 e 16 de agosto a Policia Local realizou un total de 323 probas de alcoholemia nos controis preventivos realizados en distintos puntos do término municipal a diferentes horas do día.
Para a Policia Local do Porriño resulta significativo e alentador que das 323 probas realizadas, soamente 5 arroxen un resultado positivo por enriba do límite legal permitido de 0,25 miligramos por litro de aire espirado. Ademais só unha delas constituíuse como infracción penal ao superar o límite establecido de 0,60 miligramos por litro de aire espirado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101