Mos
A bailarina mosense Patricia Martínez entre as 16 mellores do mundo
Martínez que xa é campiona de España, declarouse orgullosa de ter levado a Mos ata China
![[Img #20392]](upload/img/periodico/img_20392.jpg)
O pasado sábado, día 5 de setembro, a bailarina mosense campiona de España e a súa parella, Adrián Esperón, representaron a España no Mundial de Baile Deportivo na modalidade de 10 bailes, obtendo o posto 16 do mundo. O campionato desenvolveuse en Chengdu, China.
Nesta competición participaron un total de 32 parellas, sendo a formada por Patricia e Adrián a única Española con opción a representar a España, conseguindo un total de 277'96 puntos, a tan só 12 décimas de entrar na semifinal.
Ambos os dous bailaríns declararon sentirse “moi contentos do resultado, da nosa grande experiencia por primeira vez en Asia e moi motivados para empezar a tempada 2015-2016 do noso deporte”.
Así mesmo Martínez e Esperón quixeron agradecer o apoio a todos os seus fans, así coma ao Club B-Troula e ó seu director Breogán Pérez “polos incondicionais ánimos”. Persoalmente Padtricia Martínez dixo que “estou moi orgullosa de ter levado a Mos ata China, e agradezo ao Concello todos os anos de recoñecemento pola súa banda”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180