Tui
A Academia homenaxea en Tui a Xosé María Álvarez Blázquez no centenario do seu nacemento
O acto terá lugar o 15 de setembro en Tui, a súa vila natal / Ana Acuña, Xosé María Álvarez Cáccamo e Darío Xohán Cabana disertarán sobre distintos aspectos do seu legado nunha mesa redonda moderada por Margarita Ledo
![[Img #20414]](upload/img/periodico/img_20414.jpg)
A Real Academia Galega celebrará o vindeiro martes, 15 de setembro, unha xornada na honra de Xosé María Álvarez Blázquez no centenario do seu nacemento. O acto desenvolverase a partir das 19.30 horas na Área Panorámica (Sala Félix Rodríguez) de Tui, a vila natal do polígrafo, membro de número da Academia e protagonista do Día das Letras Galegas de 2008.
A homenaxe consistirá nunha mesa redonda, moderada pola académica Margarita Ledo, na que disertarán sobre distintos aspectos do legado de Álvarez Blázquez a investigadora Ana Acuña, autora do Dicionario Xosé María Álvarez Blázquez; o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo, fillo do homenaxeado; e o académico Darío Xohán Cabana, que colaborou con el nos anos 70 en Edicións Castrelos.
Na súa intervención, a profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña afondará en novas vías para o coñecemento e o recoñecemento da vida e da obra de Álvarez Blázquez. Pepe Cáccamo deterase en Canle segredo, poemario escrito entre 1951 e 1953 pero que non saíu á luz ata 1976; e Darío Xohán Cabana participará cunha intervención titulada Xosé María, mestre de mocidade.
Ao longo do mes de setembro, A RAG celebrará outras dúas xornadas na honra dos tamén académicos de número Xaime Ilsa Couto e Ramón Piñeiro, nados igualmente en 1915. A dedicada a Isla Couto terá lugar en Vigo o 23 de setembro e a de Ramón Piñeiro será o 29 de setembro en Lugo.
A páxina web da Academia, academia.gal, incluirá ao longo deste mes na sección de Novas distintos contidos sobre os tres intelectuais. Nestes momentos xa están dispoñibles unha entrevista con Xosé María Álvarez Cáccamo sobre Álvarez Blázquez, unha pequena mostra da súa poesía e unha achega ao seu traballo no refraneiro do mar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101