DEPORTES
Este fin de semana I Torneo Internacional de Baloncesto en Nigrán
Preto de 200 xogadores daranse cita no evento, entre eles diferentes equipos do Club Águeda Básket de Portugal
O Club Baloncesto Nigrán organiza esta fin de semana coa colaboración do Concello o I Torneo Internacional de Baloncesto que reunirá a preto de douscentos xogadores no pavillón municipal de Panxón. No evento deportivo, diferentes equipos do Club Águeda Basket viaxarán a Nigrán xunto a outros clubes de diferentes puntos de Galicia. Trátase dun Torneo en formato intercambio no que as familias das xogadoras do CB Nigrán acollerán nas súas casas ás xogadoras portuguesas durante os dous días que dura o torneo. Ademais dos equipos portugueses, participarán neste torneo o club Porriño Baloncesto Basee, Pabellón de Ourense, CB Redondela, Santiago Apóstolo e Mariano, así como os equipos das escolas deportivas que o CB Nigrán teñen nos colexios Carlos Casares, Cruz Camos e o equipo de iniciación do colexio Humberto Juanes.
As xogadoras do CB Nigrán xa viaxaron con anterioridad a Portugal para participar en torneos co mesmo formato, e tanto a directiva do Nigrán como os pais e nais sinalan que foi unha experiencia moi enriquecedora para eles e as súas fillas e agradecen a gran hospitalidade das familias portuguesas, polo que desexan dar continuidade a esta actividade e establecela xa como un intercambio anual entre os dous clubes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180