O Porriño
A Policía Local do Porriño detén a un veciño de Mos “por conducir de xeito temerario”
Efectivos da Policia Local detiveron na mañá do venres ao condutor dun vehículo que se deu á fuga tras provocar presuntamente un accidente na Rúa Tranvía 1, “como consecuencia de manobras de condución temerarias”. O vehículo e o seu condutor, de 20 anos e veciño de Mos, foron localizados na zona de Cans.
Sobre as 8 da mañá do venres a central da Policía Local do Porriño recibiu varias chamadas de veciños das rúas Enrique Peinador e Tranvía alertando de que un vehículo de cor vermella, tipo rancheira, realizaba manobras temerarias na zona; causando un accidente ao chocar contra dous vehículos estacionados na rúa Tranvía e dándose á fuga.
Tras realizar unha batida, efectivos da Policia Local localizaron ao vehículo e ao seu condutor na zona de Cans. Instrúense dilixencias xudiciais imputando ao condutor un presunto delito contra a seguridade vial, tanto polos feitos como por dar positivo no control de alcoholemia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180