Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 15 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Tomiño

Un condutor resultou ferido tras envorcar o camión que conducía en Tomiño

Un camioneiro resultou ferido esta mañá tras envorcar o camión –cargado de grava- que conducía cando circulaba pola estrada PO-552, no punto quilométrico 62, á altura do Concello de Tomiño. Testemuñas que presenciaron o accidente indicaron ao CAE 112 Galicia que, o condutor ferido foi liberado do camión sinistrado polos particulares que había no lugar. Polo que, aínda que dende o Centro de Atención ás Emerxencias se informou ós Bombeiros de Baixo Miño, finalmente, non foi precisa a súa intervención.

 

Sobre as 11:00 horas desta mañá un particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, o persoal do Centro de Emerxencias alertou a Urxencias Médicas, ao GES de A Guarda e a Protección Civil de Tomiño. Tamén, solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do persoal de Conservación de estradas. O condutor foi trasladado polos servizos sanitarios ó centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.