GALICIA
Galicia rexistra un total de 384 incidencias a causa do temporal de choiva e vento
A provincia máis afectada foi a de Pontevedra, con 147 incidencias; seguida da Coruña, con 128; Lugo, con 55; e Ourense, onde se atenderon 54 incidencias
![[Img #20573]](upload/img/periodico/img_20573.jpg)
O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia leva xestionadas un total de 384 incidencias a causa do temporal de choiva e vento que afectou desde onte á nosa Comunidade e que desde este mediodía comeza a amainar.
Así se desprende dun informe do Centro de Emerxencias galego, que recolle datos comprendidos entre as 8 horas do día de onte e as 12 h. de hoxe, mércores. A provincia máis afectada foi a de Pontevedra, con 147 incidencias, seguida da Coruña, con 128; Lugo, con 55; e Ourense, onde se atenderon 54 incidencias a través do 112 Galicia.
Igualmente, nese mesmo período tamén se atenderon 4.041 chamadas, das cales preto do 70 por cento estiveron relacionadas coa caída de árbores e pólas, e, en menor medida, por mor da acumulación de auga en estradas e rúas e por desprendementos de terra, pedras, postes e cables de luz e teléfono.
Afortunadamente ningunha das incidencias rexistradas revestiu gravidade. Simplemente sinalar que, por exemplo, en Pontevedra, Santiago, Vigo e Tomiño varias árbores caeron sobre vehículos sen ocupantes e que na Illa de Arousa resultou danado outro vehículo estacionado ao caerlle o tellado dun edificio en construción que se desprendeu.
Incidencias nas estradas
Desde a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) tamén se destaca que non tiveron lugar incidencias de grande transcendencia, salvo afeccións puntuais no tráfico por mor da caída dalgunha póla ou árbore nas estradas.
Así, subliñan que durante a pasada noite producíronse dous cortes na estrada Ponte Caldelas- Augasantas (PO-234), no PK 1+300, e na Betanzos-Límite provincia (AC-840), no PK 10, quedando restablecido o tráfico. Tamén houbo cortes parciais en estradas da provincia de Pontevedra como a que une O Porriño e Gondomar (PO-331) ou Redondela e Forzáns (PO-250), nas que xa se circula con normalidade.
Nivel verde de vento e choivas
O vento e as chuvias están a remitir e a Comunidade galega voltará, dende xa, ao nivel verde. Así o confirma a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que, non obstante, indica que permanecerá en alerta laranxa por fenómenos costeiros o noroeste da provincia da Coruña e a provincia de Lugo. No sur de Galicia, o nivel de alerta no mar é amarela e as previsións sinalan que os episodios de meteoroloxía adversa tenderán a desaparecer despois da media noite en toda a Comunidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191