GALICIA
A representación da CIG no SVA denuncia "a desprotección das costas galegas fronte ao narcotráfico"
A CIG, sindicato maioritario no Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) en Galicia, reitera a denuncia a "respecto do desmantelamento progresivo do servizo, que ten provocado que na actualidade as costas galegas estean practicamente desprotexidas fronte á entrada de drogas".
Henrique García Outeiral, delegado da CIG, critica que "mentres os mandos do Servizo de Vixilancia Aduaneira insisten que nas costas galegas non hai perigo, os datos revelan o incremento na entrada de droga polas nosas costas”. Así, explica, "no que vai de ano son varias as aprehensións de buques con cargamentos destinados a Galiza: Coral I, con 1.500 kg de cocaína; Miguel Santos coa mesma cantidade; Onda Nazarena con 1.900 Kgs nun veleiro; Silver Back con 600 kgs tamén de coca; e dous mercantes con 6.500 Kgs de haxis".
Tendo en conta que as cantidades aprehendidas supoñen, segundo os expertos, o 15% do total de droga que entra pola nosa costa, os datos “son alarmantes. Estas operacións demostran que o tráfico de drogas está totalmente operativo na Galiza mentres se nos 'vende' que o perigo está en Levante e Andalucía e que hai que desprazar os medios navais e aéreos para alí”, asevera García Outeiral.
Neste senso, lembra que "unha base do SVA emblemática na loita contra o narcotráfico, como a de Vilagarcía, atópase nestes momentos cunha soa embarcación para patrullar a Ría da Arousa. Esta situación débese a que unha das dúas embarcacións de alta velocidade coas que contaba esta base (Colimbo) foi desprazada para Ibiza, polo que se pode dar a circunstancia de que os narcotraficantes se atopen con total liberdade para facer o seu traballo comodamente”. Por exemplo, no caso de que a embarcación que queda na Ría de Arousa teña que parar por avarías ou por varada.
Con respecto á base de Vigo, a embarcación coa que conta" estivo todo o mes de agosto parada por vacacións do persoal, quedando só a embarcación de Marín para a vixilancia das Rías Baixas. Se a isto lle sumamos que a embarcación de Ribadeo e a de Muros son case inoperativas debido ás moitas avarías que acumulan ao cabo do ano pola antigüidade das mesmas, podemos concluír que agora mesmo estáselle a poñer una alfombra vermella aos narcos para que intenten inundar as nosas costas con droga”. Ao desprazamento da embarcación Colimbo, subliña Outeiral, tamén hai que sumar o avión e o helicóptero Dauphine.
Fronte a isto, a CIG volve demandar que "non se desmantele o SVA en Galiza e que se incrementen os medios materiais e humanos, ao tempo que se insiste na necesidade de renovación do cadro de persoal do marítimo posto que ten una media de idade moi alta”. Situación que a representación da CIG ten denunciado en diversas ocasións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191