O Porriño
Nova xornada de Merca na Rúa o vindeiro domingo dia 20
O vindeiro domingo 20 celebrarase a xornada de Merca na Rúa suspendida pola choiva
A Feira de oportunidades Merca na rúa volve á zona peonil do Porriño o vindeiro domingo día 20, trala suspensión da xornada dominical do pasado fin de semana debido á choiva. Merca na Rúa coincidirá coa Festa do Neno incluída na programación das festas do Cristo, polo que os nenos dispoñerán de máis actividades de animación que as previstas habitualmente para eles nesta feira.
“A feira de oportunidades consolidouse como un evento interesante para os comerciantes porque permítelles equilibrar balance e liberarse de stocks, e tamén para os consumidores que poden acceder a produtos de gran calidade a prezos reducidos”, destaca Marcelino Coto concelleiro de Comercio e Industria.
O pasado sábado Merca na Rúa rexistrou unha importante afluencia de compradores. De feito, a feira de oportunidades rexistra edición tras edición unha crecente afluencia de público e de establecementos que participan na mesma. Nesta ocasión sumáronse máis de 20 establecementos comerciais. Tamén se está ampliando a oferta de produtos: textil, deportes, confección, calzado, pequeno electrodoméstico, moda infantil, etc.
Merca na Rua celebrárase na rúa peonil Ramón Gonzalez en horario de 11 horas da mañá ás 20:30 horas da tarde. Trátase dunha iniciativa da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño en colaboración co Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191