Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 19 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Brais Misa campión absoluto do III Dúatlon Festa do Cristo 2015

Non houbo sorpresas e o triatleta de Gondomar revalida o seu título de campión do III Dúatlon de Porriño acompañado do triunfo na categoría feminina de María Martínez -ambos os do Club Atletismo Porriño-

[Img #20616]

 

Máis de 150 corredores percorreron esta tarde as rúas de Porriño, nunha intensa xornada deportiva na que o numeroso  público asistente, gozou animando aos participantes ao longo do 27,5 km de percorrido que contemplaba o circuíto do III Dúatlon Festas do Cristo.

 

[Img #20618]

 

Ás 16.00 h daba comezo o III Dúatlon Infantil, que contou coas categorías benjamín, na que só subía ao pódium Uxía Rodríguez en feminina e en masculina, clasificábanse en primeiro lugar,  Sergio Soto; segundo, Carlos Bautista e terceiro, Xian Martínez.

 

En categoría alevín feminina a primeira foi a porriñesa Carla Guisande, segunda Laura Alonso e terceira Catalina Pereira; en masculino Alexandre Álvarez foi o primeiro, seguido de Nicolás Maroi e terceiro, Gonzalo Galego.

 

Na categoría infantil, os que se subiron todo o máis alto do pódium foron Laura Mazoi e David Alan Cristopher Fletcher .

 

Ás 17.00 h, apiñábanse na meta os 133 corredores que se dispoñían a percorrer os primeiros 5 km en dúas voltas a pé, para continuar en bicicleta o 20 km repartidos en catro voltas e, unha vez chegados novamente á transición ?situada en cálea Piñeiral-  deixaban atrás as rodas, para completar o circuíto cunha volta de 2,5 km.

 

Todo iso baixo unha temperatura de 25 º C e un circuíto cunha lixeira dificultade engadida ás anteriores edicións, ao contemplar maiores desniveis. Non houbo grandes incidencias e só 7 participantes retiráronse xunto a 2 descualificados.

 


Clasificacións:  

 

Absoluto Masculino

1º.- Brais Misa, do Club Atletismo Porriño e un tempo de 00:56:54

2º.- Iago Morenza, con licencia dun día e un tempo de 00:58:05

3º.- César Morillo, do Infoque Race Team, cun tiempo de 00:58:21 e a su vez primeiro veterano.

O primeiro posto en cadete masculino foi para Alejandro Crespo, do AXA Agencia Garriga-Beariz TR

 

Absoluto Femenino

1º.- María Martínez, do Club Atletismo Porriño e un tempo de 01:07:59

2º.- Aida García, do Olímpico de Vedra e un tempo de 01:08:09, sendo a primeira veterana.

3º.- Iria Rodríguez, do Club Atletismo Porriño e un tempo de 01:10:29, que a soi tamén a primera cadete.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.