O Porriño
Acipor e o CCA Morea lanzan o concurso “O Pirata Xan Martiño” para nenos e nenas do Porriño na súa campaña “A volta ao cole”.
A Presidenta do Centro Comercial Aberto do Porriño– Morea da Asociacion de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez Rodríguez, e a xerente do mesmo, Noelia Conde, presentaron a través dunha comparecencia de prensa o concurso “O Pirata Xan Martiño e os cofres do Porriño” dentro da súa campaña “A volta ao cole”.
Na campaña participan un importante número de librerías, tendas de roupa deportiva, comercios de agasallo e áreas de xogos, calzado e roupa infantil do Porriño, que queren deste xeito, animar a volta ao cole dos máis peques da casa con este novedoso concurso.
Poderán participar nenos e nenas do Porriño de idades comprendidas entre 4 e 12 anos, e consistirá nunha serie de acertixos rimados que serán publicados na páxina de Facebook do CCA Morea, e que os nenos e nenas deberán resolver dende o día 21 ata o 25 de setembro e ir apuntando nunha ficha de respostas que poderán conseguir nos comercios participantes na campaña ou descargar ou no Facebook do CCA Morea ou na páxina web www.ccamorea.es.
Entre todos os nenos e nenas participantes no concurso, sortearanse dous cofres con moitos regalos donados polos comercios participantes.
Con esta medida, ACIPOR pretende dar a coñecer a gran oferta comercial de productos infantís existente no Porriño e que os nenos e nenas coñezan un pouco máis o seu pobo, a súa historia e a súa arquitectura urbana para poder gañar fantásticos premios.
Máis información na páxina web www.ccamorea.es e nos comercios participantes no concurso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191