Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 22 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Actividades extraescolares en Mos

A concellería de Educación e Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón, oferta as actividades extraescolares de teatro e baile moderno para os/as nenos de infantil e primaria dende outubro ata maio.

 

Co obxectivo de proporcionar unha formación saudable a través de actividades de lecer, como base para a promoción dunha boa calidade de vida; preténdese ofertar á poboación máis cativa do concello de Mos, a posibilidade de participar neste tipo de actividades.

 

[Img #20624]A actividade de Baile Moderno terá lugar nas instalacións do Pavillón Óscar Pereiro todos os venres, facéndose dous grupos segundo a idade, co fin de que as clases sexan máis individualizadas. O horario dos/as alumnos/as de 3 a 7 anos será de 16:30-17:30 mentres que os/as nenos/as de 8 a 12 anos recibirán as clases de 17:30-18:30. A actividade terá un custe de 10€ ó mes por participante.

 

[Img #20623]Por outra banda, tamén se ofrece a posibilidade de realizar a actividade extraescolar de Teatro que se impartirá por primeira vez dende esta Concellaría co fin de desenvolver habilidades nos participantes que permitan comunicar sentimentos, opinión e afectos de maneira asertiva así como potenciar a lectura e a expresión oral dunha maneira que os/as nenos/as disfruten coa representación teatral. Dita actividade terá lugar no Multiusos do Concello todos os luns de 16:30 a 18:00 tendo un custe de 12,50€ por neno/a.

 

Para máis información sobre estas actividades ou outras cuestións relacionadas, poden dirixirse chamando ao teléfono 986.33.94.04 da oficina de Información Xuvenil do Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.4

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.