Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

O condutor dun turismo perdeu a vida na A-55, no Porriño, tras colidir cun camión

[Img #20644]Un home faleceu esta mañá no Porriño a causa dun accidente de tráfico na A-55, no Porriño. Un coche e un camión colidiron á altura da saída número 22, en sentido Vigo. Como consecuencia do golpe, o ocupante do turismo quedou nunha posición complicada, que fixo necesaria a intervención dos Bombeiros do Baixo Miño. Cando lograron acceder ó condutor, comprobaron que entrara en parada cardiorrespiratoria. Pese ós intentos para reanimalo, nada se puido facer por salvarlle a vida.

 

O accidente ocasionou, ademais, importantes retencións, pois foi necesario pechar ó tráfico o carril dereito en sentido Vigo. Ás 11:00 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia recibiu a chamada doutro condutor, que pediu axuda para sacar á vítima do interior do vehículo. Así, ademais dos efectivos do parque comarcal, o persoal do 112 avisou a Urxencias Médicas, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.