Martes, 18 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 22 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Feijóo rúnese con Carlos Mouriño para tratar “os plans de futuro do equipo celeste”

Destaca a achega do equipo vigués a Galicia como “un dos axentes deportivos máis destacados”

[Img #20662]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo no serán de hoxe unha xuntanza co presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño Atanes. Na reunión, que tivo lugar no seu despacho de San Caetano, o presidente da entidade deportiva transmitiulle ao mandatario galego a actual situación do club nos planos deportivo e organizativo. Do mesmo xeito, Mouriño realizou un relatorio dos plans de futuro do equipo vigués. 

 

No curso do encontro, que contou coa asistencia do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o responsable da Xunta destacou a achega do Real Club Celta de Vigo a Galicia como “un dos axentes deportivos máis destacados”.

 

O titular da Xunta felicitou ao Celta de Vigo pola magnífica tempada que está a realizar o primeiro equipo nestas primeiras xornadas de competición. Ademais, o xefe do Executivo galego fixo extensivas estas felicitacións ao labor realizado desde as distintas áreas da entidade e desde a súa Fundación que contribúen ao desenvolvemento do club celeste.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.