Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 27 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Este luns celébrase Pleno Ordinario en Mos con 14 mocións para debater

Gañamos presentará catro mocións, os socialistas sete e o PP dúas

[Img #20677]

 

Este luns celébrase Pleno do Concello en sesión ordinaria que terá lugar no Salón de Actos do Pazo de Mos, ás 10:00 horas, en primeira convocatoria.

 

A Orde do Día contempla oito puntos: Aprobación dos borradores das actas das sesións anteriores (27 de xullo e 11 de setembro); Dación de conta da aceptación da delegación de Alcaldía; Nomeamento de representantes da Corporación na Mancomunidade; Contrato de servizos de recollida e transporte dos residuos sólidos urbanos (fracción resto e selectiva) e limpeza viaria no Concello de Mos; Resolucións da alcaldía e Comunicacións da alcaldía.

 

No punto número sete trataranse 14 mocións presentadas polo grupo de goberno e os  grupos da oposición GañaMos Asamblea Veciñal e P.S.O.E.

 

Pola súa banda Gañamos presentará catro mocións; una en relación á necesidade e aprobación da grabación das sesións plenarias e a seu aloxamento e retransmisión a través da páxina web do Concello; outra para levar a celebración física das sesións plenarias municipais a un inmoble de titularidade pública municipal; a terceiran tratará sobre a posta en marcha dun hospital 100% público e a cuarta terá relación ás paradas do autobús escolar ao IES de Mos.

 

Os socialistas presentan sete mocións: A primeira sobre a “Ampliación das actuacións 9.5 e 10.0 do proxecto de construción, adecuación e mellora da seguridade vial da autovía A-55 Tramo Vigo-O Porriño, ca adecuación para tránsito de vehículos en dirección Vigo dun camiño de servizo utilizado durante a construción da autovía e utilizado na actualidade como camiño de servizos das parcelas”; Outra “para reducir o IVE cultural”; tamén  sobre “regulación do tráfico no entorno de O Castro Internacional British Scholl na parroquia de Cela”;  sobre o “Sistema Nacional de Saúde”; con motivo de repunte de asasinatos machistas ocorridos nos últimos meses; para “retirar a Lei Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de protección de seguridade cidadá (Lei Mordaza)”-, de “proposta de traslado á Consellería de Emprego, cambios no sistema de adxudicación de cursos AFD” e con motivo da” marcha estatal contra as violencias machistas de 7 de novembro de 2015”.

 

Por último o grupo de goberno do PP presentará unha moción para “a promoción do leite galego” e outra para “asumir a atención aos refuxiados como unha cuestión de Estado”.

 

O último punto da Orde do Día desta sesión será “rogos e preguntas”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.