Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 01 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Pleno de Ponteareas aproba o inicio de elaboración dun regulamento de ‘Participación Cidadá’

A proposta foi aprobada cos votos a favor de EU-SON, ARDT, BNG, PSOE, ACIP e a abstención do PP

[Img #20771]O Pleno Municipal de Ponteareas, na súa pasada sesión do 15 de setembro, aprobou o primeiro punto da moción presentada por EU-son para iniciación da elaboración dun proceso de participación cidadá en Ponteareas.

 

A moción presentada por EU-son o pasado 16 de xullo, inclúe un borrador de regulamento de participación mais unhas normas de elaboración para facilitar a maior participación posible, de xeito que sexa a propia veciñanza de Ponteareas quen elabore o documento.

 

Así, as normas para a elaboración do regulamento presentadas por EU-son, inclúen, ademais da difusión e presentación do borrador do regulamento da forma máis ampla posible entre os colectivos e veciñanza, a posibilidade de presentar emendas e a aprobación definitiva do regulamento nunha asemblea aberta.

 

A participación cidadá é unha das principais sinais de identidade de ESQUERDA UNIDA, por iso a elaboración dun regulamento de participación cidadá para Ponteareas foi unha das primeiras medidas propostas ao Pleno de Ponteareas por esta organización. Esta realidade téntase agochar por parte de BNG  e PSOE de Ponteareas, que en todos os anos que levan na corporación nunca presentaron ningunha medida nesta liña. Despois da presentación da moción de EU-Son o 16 de xullo, BNG no 7 de setembro e PSOE o 10, presentaron senllos regulamentos de participación cidadá, no que entendemos un intento de entorpecer o traballo de EU.

 

Aínda así, ESQUERDA UNIDA está disposta a acordar cos demais grupos da corporación un borrador de regulamento de participación cidadá, que servirá de base para o debate entre a veciñanza de Ponteareas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.