Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 05 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Centro Municipal Asprodico acollerá o curso “A internet e o correo electrónico”

O obradoiro está organizado pola Asociación de Discapacitados do Condado e A Paradanta (ADAPTA) e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra

O Centro Municipal Asprodico acollerá un curso de alfabetización dixital denominado “A internet e o correo electrónico” que se celebrará todos os martes e xoves, de 17:30 a 19:30 horas, entre os días 8 de outubro e 26 de novembro. A actividade está principalmente pensada para persoas maiores pero tamén se admitirán candidatos e candidatas doutros rangos de idade.

 

Trátase dun curso organizado pola Asociación de Discapacitados do Condado e A Paradanta (ADAPTA) e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do programa “Ti tamén contas”, dirixido a mellorar a calidade de vida das persoas maiores e a fomentar o avellentamento activo.

 

O obxectivo desta formación é dotar aos asistentes de ferramentas que lles permitan abrir unha conta de correo electrónico e manexala con soltura, ademais de habilidades para navegar pola rede de xeito que poidan realizar accións como pedir cita para unha consulta médica ou comprar online de maneira segura.

 

Dende a concellería de Benestar Social xestionada por Verónica Carrera quérese difundir a celebración dun curso que ten un total de 15 prazas e que aínda conta con vacantes por cubrir. O curso terá un custo de 6 euros para os socios da asociación e de 10 euros para resto de persoas interesadas.

 

Para obter máis información é posible chamar aos números de teléfono 986 916 012 e 662 947 289 ou escribir ao correo electrónico crd.ponteareas@cogami.es.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.