O Porriño
Manuel Carrera acada una "data pechada" para o remate das obras que Tragsa ten levantadas en todo O Porriño
![[Img #20848]](upload/img/periodico/img_20848.jpg)
Logo das "razonabeis queixas dos veciños ante o inexplicable retraso e o xeito de proceder da concesionaria" o primeiro tenente de alcalde do Porriño e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, como adiantara no Pleno , forzou unha xuntanza, "a pé de obra, dende a N-120 ata o Cemiterio de Cans", con representantes da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Eptisa, a firma de enxeñería, e a concesionaria, Tragsa, para acometer os problemas nas actuacións que afectan a as parroquias porriñesas.
Nesta reunión - que Carrera calificou como "dura"- lembroulles que "dende xuño a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil está a realizar os traballos de saneamento para a colocación de bombas de impulsión, que farán chegar as augas residuais á Estación Depuradora (EDAR) de Guillarei, actuacións que, sin xustificación, ainda que se pediu incontabeis veces explicacións a Tragsa están sufrindo paróns que están ocasionando numerosas molestias aos veciños, que non se remataban, mantendo fochancas abertas en varios lugares do concello".
O concelleiro de Vías e Obras esixiu a Joaquín López, representante da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil; Carlos González, de Eptisa; e Ramiro Iglesias,de Tragsa, "pechar inmediatamente un prazo de execución, poñer a maior atención nas obras e actuar con máis responsabilidade á hora de comezar e rematar un traballo".
O representante de Tragsa comprometeuse a que esta mesma semana queden finalizadas completamente as obras en Cans, atendendo a observación de Manuel Carrera de que "se remate o asfaltado de todos os tramos abertos". Tamén obtivo o acordo de todas as partes de que os traballos que están facéndose no resto do Porriño rematen o mes que ven e que, a finais deste mesmo ano, os colectores entren en servizo conectando todas as parroquias do Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22