Salceda de Caselas
Carmen Gallego e Abel Losada visitan Salceda nunha xuntanza de traballo coa agrupación socialista local
A xuntanza acudiu ademáis a Plataforma de Pediatría Colapsada e Inaccesible, a Asociación de Xubilados e Pensionistas e a Asociación de Veciños San Xurxo
A convocatoria propiciouse para explicar o traballo que veñen realizado os socialistas nos últimos meses dende o Parlamento Galego, en canto ó novo centro de saúde e a problemática da canteira de Pereiriñas na parroquia de San Xurxo.
Os socialistas de Salceda, xunto cos parlamentarios galegos adquiriron o compromiso de seguir traballando e facendo presión nestes dous temas.
No caso do novo centro de saúde, os socialistas sinalaron que levan presentando emendas reiteradas ós orzamentos da Xunta dende o ano 2009 e volverán a facelo para os orzamentos que se aprobarán en decembro. Aínda así, consideran que iso non é suficiente e presentarán unha proposición non de lei para que se debata de novo o tema dende a perspectiva actual, tras o cambio de situación cos terreos postos a disposición polo concello.
Os representantes da Plataforma de Pediatría Colapsada e Inaccesible, xunto cos representantes da Asociación de Xubilados tiveron a ocasión de explicar ós deputados a situación actual e todo o traballo desenvolto. Ademáis de resolver dúbidas ó respecto do traballo parlamentario e de quen podía ou non presentar proposicións ou emendas, aclarando que só poden facelo aquelas forzas políticas que teñen representación no Parlamento, que no caso de Salceda son PSOE, BNG e Partido Popular.
A outra vía de actuación do grupo municipal socialista será repetir as peticións a xerencia de atención primaria para que remitan o informe técnico coas solucións para a accesibilidade e a mellora do servizo de pediatría. Dende o grupo socialista consideran que é urxente atopar solucións e que apoiarán calquera iniciativa que o equipo técnico considere viable e mellore esta situación, veña de quen veña. Aínda que seguen considerando que esta sería unha solución “provisional” pois a necesidade do centro de saúde para solucionar a situación sanitaria de Salceda é indiscutible.
Verónica Tourón, a portavoz socialista, recalca “a necesidade de actuar de todas as maneiras posibles na procura de solucións, e hai que facelo dende xa. Estivemos a traballar sempre e o seguiremos a facelo, porque é a nosa obriga como partido, como grupo, pero tamén como veciños e veciñas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115