Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 07 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Investígase a Patrimonio en relación co adro da Igrexa de Guillade

[Img #20892]

 

O Xulgado de Instrucción nº3 de Ponteareas acordou “investigar a actuación da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dependente da Xunta de Galicia, na concesión de autorización das obras do adro da igrexa de Guillade”, segundo informou o Concello de Ponteareas, que é parte na causa. A petición do fiscal e da acusación popular representada polo avogado Roberto Mera, o Xulgado acordou solicitar a acta da reunión da Subcomisión Mixta Xunta-Igrexa na que se informou favorablemente sobre a legalización das obras do adro. En opinión da fiscalía “resulta necesario conocer las razones por las que se produjo el cambio de criterio de la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural”, xa que entre os anos 2003 e 2012, este organismo rexeitara en varias ocasións a legalización obrigando ao crego de Guillade a repoñer o adro ao seu estado anterior. Porén, sen ningún informe favorable, en 2012 a Dirección Xeral acordou legalizar as obras.

 

Ademais, o Xulgado acordou citar a declarar como testemuñas ao exalcalde ponteareán José Castro e a arquitecta municipal. A súa declaración foi suspendida tras recurrir a defensa do alcalde e do crego a súa toma de declaración e mentres non se resolve o recurso.

 

En paralelo coa actuación xudicial, o Concello de Ponteareas acordou revocar a licenza de legalización concedida polo anterior goberno municipal en abril deste ano, un mes antes das eleccións municipais. O executivo presidido por Salvador González Solla "acordara dar licenza en base á autorización de Patrimonio" que agora se investiga a xustiza.

 

Ademais, a Xunta de Goberno acordou intervir no procedemento xudicial, dando un xiro á súa posición. "Até agora a postura municipal consistíu en defender a actuación do ex alcalde González Solla e do crego de Guillade, pero agora o novo goberno pretende lograr a recuperación do adro orixinal da Igrexa, que data do século XVIII,  e depurar as responsabilidades penais que puideran determinarse na actuación do exalcalde, da Dirección Xeral de Patrimonio e do propio crego".

 

O goberno local dirixiuse, asemade, ao bispado de Tui-Vigo solicitando que voluntariamente e con independencia dos procedementos xudiciais, repoña o adro da igrexa ao seu estado orixinal.

 

As obras do adro da Igrexa de Guillade foron realizadas "entre o ano 2003 e 2005, sen autorizacións nin licenzas, e consistiron no levantamento dun conxunto funerario propio da estética do barroco rural galego do século XVII" segundo explican dende o Concello de Ponteareas..

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.