Ponteareas
ACIP denuncia o estado de abandono das parroquias
![[Img #20894]](upload/img/periodico/img_20894.jpg)
O portavoz de ACIP, Juan Carlos González Carrera, asegurou que as parroquias de Ponteareas están nun “alarmante estado de abandono” e amosou a súa preocupación polo feito de que, “o estado dos viais que xa están en mal estado, coa chegada das choivas de outono, revestirán grande perigosidade para a circulación rodada”.
González Carrera asegurou que o estado das parroquias débese a “falta de planificación e coordinación do Goberno Municipal” e que dita falta de planificación “a pagan todos os veciños e veciñas que ven como as estradas das súas parroquias se deterioran sen que ninguén faga nada”.
O portavoz dos independentes ponteareáns explicou que o goberno “non pode alegar falta de medios” porque, asegura González Carrera “conta cos mesmos que en anos anteriores” e pregúntase onde están “a trintena de traballadores que se dedican as tarefas de mantemento da rede viaria, porque os seus contratos son para esa labor”.
Os veciños e colectivos veciñais están fartos de poñer ditos feitos en coñecemento do goberno municipal .O mesmo ocorre cos parques e zonas de recreo das parroquias polo seu abandono.
O mantemento dos viais das parroquias debe ser, segundo o concelleiro de ACIP, “prioritario para calquera goberno municipal, non só porque garante a seguridade dos condutores, senón porque melloran a capacidade de resposta dos servizos de emerxencia municipais”.
Os veciños das parroquias, segundo asegura González Carrera, “pregúntanse se non pagan os mesmos ou máis impostos que os do casco urbano”. O certo e que pagando os seus impostos, engade o edil independente, “teñen, nalgúns casos, que limpar eles mesmos as estradas ante a falta de resposta da administración local”.
Na maioría das parroquias, afirma Juan Carlos González, os veciños denuncian o feito “de que só se limparon os torreiros cando chegan as festas, esquecéndose de que unha parroquia é algo máis que un torreiro”.
O Portavoz de ACIP advertiu ao goberno local que o seu grupo “seguirá denunciando estas situacións e non consentirá o abandono ao que o goberno local está sometendo aos veciños e veciñas das parroquias”. ACIP anunciou tamén que levará esta iniciativa ao próximo Pleno da Corporación e “esixiremos responsabilidades”.
“En Ponteareas non debe haber -afirmou González Carrera- veciños de primeira e de segunda”. “o noso programa electoral -lembra o portavoz de ACIP- foi ‘24 motivos’ e son 24 as parroquias do concello que deben ser tratadas por igual, recibir os mesmos servizos e gozar do mantemento das súas infraestruturas en igualdade de condicións”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129