Mos
O Pazo de Mos acollerá o novo espectáculo do programa Ocio en Familia, “As Fabas Máxicas”
Incluído dentro das actividades municipais de dinamización lingüística, celebrarase o luns 12 de outubro ás 19:00 horas no Pazo de Mos
O programa mosense Ocio en Familia leva ó Pazo de Mos o espectáculo da compañía Caramuxo Teatro, “As Fabas Máxicas”, que terá lugar o vindeiro luns 12 de outubro ás 19:00 horas, incluído na programación de actividades de dinamización lingüística.
Os destinatarios/as desta actividade son todas as familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos do Concello de Mos.
A iniciativa, promovida e organizada dende a concellería de Educación e Participación Cidadá, que dirixe a edil Kely Monzón, pretende colaborar na promoción da lingua galega como lingua oficial da comunidade galega e do municipio de Mos.
A este respecto monzón explicou que “a través do noso programa de Ocio en Familia, dirixido á poboación infantil de 3 anos en diante, promovemos o uso e o coñecemento da lingua galega entre os/as máis pequenos/as, ademais de favorecer a conciliación familiar e laboral, dinamizar o sector económico-comercial do municipio e achegar ós nenos e nenas do municipio, actividades educativas e de ocio en lingua galega”.
Coa experiencia de asistir ó espectáculo “As Fabas Máxicas” os nenos e nenas divertiranse, aprenderán a relacionarse, compartirán actividades e sobre todo, vivirán novas e enriquecedoras experiencias que fomentarán a educación cognitiva, social e afectiva dos participantes, cunha organización responsable, garantindo a harmonía e a convivencia.
“As Fabas Máxicas” é unha proposta teatral cunha coidada escenografía, unida ao humor e á poesía con que se vai tecendo a historia. Trátase dunha versión renovada do conto tradicional "Xan e as fabas máxicas" no que o propio Xan, coa axuda duns simpáticos monicreques, narra en primeira persoa as súas aventuras. Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios máis altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras. Este espectáculo infantil está nominado aos Premios María Casares.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158