Ponteareas
Os veciños poderán intervir nos plenos de Ponteareas
A inscrición para poder intervir na sesión plenaria do vindeiro 20 de outubro xa está aberta
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, asinaba na mañá do pasado martes 6 a instrución pola que se regula a participación e intervención dos veciños nos plenos da corporación. Segundo o alcalde, “trátase dun primeiro paso para potenciar a democracia participativa que se completará coa elaboración e aprobación dun amplo regulamento de participación veciñal”. Represas informou que esta semana reuniranse todos os grupos para consensuar o regulamento.
Todos os veciños e veciñas que queiran exercer o dereito a intervir nos plenos deberán realizar a correspondente solicitude a través do rexistro municipal ou da web do Concello, cunha antelación mínima de tres días hábiles á celebración da sesión plenaria. A inscrición para o vindeiro pleno do 20 de outubro xa está aberta.
De acordo coa regulación aprobada, poderá haber até catro intervencións veciñais cun máximo de catro minutos cada unha. No caso de que as solicitudes superasen a cifra de catro, farase un sorteo público para determinar as que teñen prioridade e as peticións pendentes pasarán ao seguinte pleno.
Os rogos e preguntas serán breves, concretos e deberán referirse a cuestións relativas a asuntos de interese municipal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149