Mos
Iniciadas as obras de mellora da contorna da Capela de San Amaro
O proxecto está a ser acometido polos 6 alumnos-traballadores da especialidade de Pavimentos e Albanelería de Urbanización do Obradoiro de Emprego ‘Mellorar Mos’
![[Img #20929]](upload/img/periodico/img_20929.jpg)
O Alcalde P.D., Alberto Méndez, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto; a directora do Obradoiro, Paloma Lambás, e o edil mosense de Vías e Obras, Luis Alonso, visitaron esta mañá as recentemente iniciadas obras de mellora da contorna da Capela de San Amaro que están a acometer os 6 alumnos-traballadores da especialidade de albanelería do Obradoiro de Emprego ‘Mellorar Mos’.
O obxectivo principal deste proxecto é a optimización da zona circundante da Capela de S. Amaro, situada no núcleo de Porteliña, na parroquia de Petelos. Preténdese ensanchar o ámbito aledaño da futura praza contigua á Capela, xa que o estado actual da mesma atópase moi limitado pola trama viaria e ademais con abundante vexetación incontrolada.
Para elo, dito proxecto contempla diferentes actuacións consistentes en desbroce e limpeza da área a executar, excavación e nivelación do terreo, execución de terrapléns, construcción dun muro de mampostería bordeando a área, construcción de escaleiras tipo grada con área de repouso, pavimentación, lousado e adoquinado da área; axardinamento e completarase o proxecto cunha pérgola e mobiliario urbán, realizado polo alumnado da especialidade de carpintería.
O Obradoiro de Emprego ‘Mellorar Mos’ comezou o 17 agosto e rematará o 29 febreiro de 2016. Conta cun total de 19 alumnos-traballadores e está subvencionado pola consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia cun total de 169.249,15 euros.
Este Obradoiro conta coas expecialidades de Pavimentos e Albanelería de Urbanización (6 traballadores), Mecánica de Madeira e Derivados (7 traballadores) e Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes (6 traballadores).
‘Mellorar Mos’ ten un obxectivo fundamentalmente ambiental que pretende a revalorización de espazos públicos do municipio destinados ao esparcemento social e a mellora de espazos e zonas verdes do Concello, entre eles a Capela de San Amaro, na parroquia de Petelos, e o seu contorno, os xardíns de San Eleuterio, o Parque Municipal de Torroso, o contorno do Pavillón Óscar Pereiro, a Avenida de Sanguiñeda e rotondas da Costilleta e das Angustias, a rotonda das Leiteiras en Dornelas e o Contorno do Multiusos das Pozas, tamén en Petelos. Tamén se realizarán labores de reposición de mobiliario urbán no Parque de Costoias (Tameiga), nos dous parques de Cela tanto no da Igrexa como no da Lagoa, e no contorno da Capela de San Amaro.
O obxectivo destes programas é, segundo informan Méndez e Soto, converter a Mos nun territorio de oportunidades laborais. Para elo o Concello conta coa colaboración da Xunta de Galicia en accións tan importantes coma este obradoiro e que, entre outras vantaxes, permitiranlles ós seus beneficiarios e beneficiarias obter un certificado de profesionalidade de validez nacional que mellorará o seu currículo e optimizará a súa empregabilidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158