Martes, 25 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 09 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

A Biblioteca Municipal de Mos recibe o seu sétimo premio María Moliner

O proxecto de animación á lectura polo que gañou o galardón leva por título ‘Os libros fante viaxar… Ven á Biblioteca!!!’

[Img #20943]

 

A Biblioteca mosense recibiu este xoves 152 exemplares repartidos entre literatura infantil, xuvenil e para adultos,  ademais da suscrición durante un ano a 12 revistas culturais como recompensa a ter conseguido acadar por sétima vez o Premio María Moliner.

 

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, recepcionou onte na Biblioteca Municipal de Mos, sita na Porteliña parroquia de Petelos, os novos exemplares de libros para uso e disfrute dos socios e socias da mesma, tanto nas propias instalacións coma a modo de préstamo temporal.

 

A edil Sara Cebreiro declaraba onte satisfeita que “con este novo premio melloramos considerablemente a colección bibliográfica da nosa Biblioteca Municipal”, dixo a concelleira.

 

O Premio María Moliner de Animación á Lectura recibido pola Biblioteca Municipal de Mos concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a FEMP (Federación Epañola de Municipios e Provincias) e a Fundación Coca-Cola. A Biblioteca mosense foi premiada nesta ocasión polo proxecto ‘Os libros fante viaxar… Ven á Biblioteca!!!’ e recibiu por elo o lote de 152 libros que lle permiten ampliar notablemente o seu repertorio de exemplares. Como xa se dixo, este lote inclúe títulos de todo tipo, tanto orientados ó público infantil coma ó xuvenil e adulto.

 

Gracias a este recoñecemento, a Biblioteca Municipal de Mos atópase incluída unha vez máis no grupo de 300 bibliotecas españolas premiadas co María Moliner, que nesta ocasión celebrou a súa décimo sexta edición.

 

O concurso de proxectos da campaña María Moliner de animación á lectura vai dirixido a Bibliotecas públicas de municipios de menos de 50.000 habitantes, coma é o caso do Concello de Mos, e ten por obxecto incentivar as accións de animación e fomento da lectura de nenos e mozos, de eficiencia e labor bibliotecaria, así como a integración social nas Bibliotecas públicas.

 

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, valorou onte moi positivamente que a Biblioteca Municipal de Mos sexa novamente receptora deste premio “que valora especialmente o esforzo, traballo e imaxinación aportados ós proxectos e programas anuais de fomento da lectura entre os veciños e veciñas, desenvolvidos polas bibliotecas públicas”, explicou a edil.

 

No caso concreto de Mos o proxecto anual de fomento da lectura titulado ‘Os libros fante viaxar… Ven á Biblioteca!!!’ incluiu diversas actividades celebradas en diferentes épocas tales coma visitas dos nenos e nenas da Escola Infantil da Porteliña ó longo de todo o ano, un concurso infantil de postais de Nadal, un curso de informática para adultos, a celebración en abril do Día Internacional do Libro, en maio do Día das Letras Galegas, en xuño a celebración local da Festa da Rosa, en xullo un encontro cos nenos e nenas saharauis beneficiarios do programa Vacacións en Paz da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, charlas informativas nos centros educativos do municipio e a celebración do Día da Biblioteca.

 

A concellería de Cultura á que pertence a Biblioteca Municipal de Mos impulsa unha serie de actividades que complementan os recursos escolares e académicos ademais da mellora da convivencia escolar, familiar e cidadá con proxectos atractivos e pedagóxicos que dinamizan e favorezan a incorporación social sen esquecer o fundamental: o fomento da lectura e a educación en valores.

 

A proposta mosense que gañou o Premio María Moliner constitúe unha oferta de calidade que optimiza os recursos conseguindo así unha evidente redución do custo sen que iso repercuta na calidade das actividades. Proba diso é o considerable incremento de socios e socias así como o aumento de número de libros en préstamo.

 

Neste sentido Sara Cebreiro argumenta que “a Biblioteca debe ser o ente aglutinador e promotor de todas as propostas relacionadas coa lectura. A realización destas tarefas supón a existencia duns requisitos básicos: fondos bibliográficos, recursos tecnolóxicos, relación con outras bibliotecas (no noso caso con bibliotecas escolares), contacto co departamento de Benestar Social e nalgunhas actividades implicación das familias”. Precisamente a habilidade á hora de conxugar todas estas tarefas foi a que facilitou a nova obtención do Premio María Moliner para Mos este ano.

 

Por último Cebreiro informou de cales son os obxectivos concretos que se perseguiron con este proxecto ‘Os libros fante viaxar… Ven á Biblioteca!!!’, e que son fomentar a lectura entre a poboación do municipio, promover o coñecemento musical, promover valores de tolerancia, respecto, comprensión, etc., a integración social dos distintos colectivos con dificultades da poboación mosense tales coma inmigrantes, discapacitados, familias sen recursos, etc., a introducción e uso das novas tecnoloxías, ofrecer alternativas de ocio saudable para tódolos públicos e promocionar a interacción e o contacto entre as diferentes familias do Concello.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.