Mos
Comezan os cursos de natación e ximnasia para maiores do programa municipal “Exercítate”
Un total de 110 usuarios benefícianse desta iniciativa
![[Img #20945]](upload/img/periodico/img_20945.jpg)
O alcalde P.D. e edil de Deportes, Alberto Méndez, e a concelleira mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, visitaban este xoves ós alumnos e alumnas dos cursos recentemente iniciados de natación e ximnasia de mantemento do programa municipal “Exercítate” para persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. O curso de natación realízano 66 persoas e o de ximnasia 44, o que suma un total de 110 beneficiarios/as. Cada curso divídese en dous grupos que teñen clase dous días á semana: ou ben martes e xoves en horario de 10.30 horas a 11.30 horas, ou ben mércores e venres no mesmo horario.
O proxecto “Exercítate” está dirixido á xente da terceira idade do Concello de Mos e a súa finalidade é mellorar a calidade de vida das persoas maiores, e potenciar tanto a saúde física coma a mental mediante actividades lúdico-deportivas.
![[Img #20946]](upload/img/periodico/img_20946.jpg)
Sobre este programa os representantes municipais Méndez e Monzón declararon que “a actividade física é moi beneficiosa para a saúde, sobre todo practicándoa con regularidade, e con ela preténdese conseguir o mantemento da independencia funcional dos beneficiarios/as necesaria para o desenrolo das actividades de vida diaria básicas. Axuda tamén a previr enfermidades crónico-dexenerativas e a aparición dunha serie de limitacións que aínda que non constitúan secuelas dunha enfermidade impiden ou limitan a realización de moitas actividades. Do mesmo modo a actividade mental aporta incontables beneficios para a terceira idade, fomenta o envellecemento activo, retrasa a situación de dependencia e mellora a autoestima”.
Con todo isto, o proxecto “Exercítate” proporciona ás persoas maiores uns efectos beneficiosos, tanto preventivos que axudan a previr o envellecemento do cerebro e con el as enfermidades que teñen que ver coa perda da memoria (demencia, alzheimer, etc.), como de mantemento, rehabilitadores, psicolóxicos en canto desenvolve un espírito de superación importante que inflúe en todos os ámbitos de vida cotiás, á vez que axuda a combater o estrés, a ansiedade e a depresión e distrae e evade das preocupacións; e sociais, posto que favorece o traballo en equipo e desenvolve o espírito de compañeirismo.
O obxectivo xeral deste programa é mellorar a calidade de vida das persoas maiores do Concello de Mos, así como aumentar a súa independencia funcional e autoestima. Utilizando unha metodoloxía activa e moi participativa, baseada na dinámica de traballo grupal, buscando as vantaxes que pode ofrecer un grupo tales coma favorecer as relacións sociais, facer as actividades máis amenas, etc.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14