Ponteareas
O Festival Algazara faise maior de idade
A asociación folclórica ponteareá organiza a décimo oitava edición dun festival que terá lugar no Auditorio Reveriano Soutullo
![[Img #20941]](upload/img/periodico/img_20941.jpg)
A Asociación Folclórica Algazara celebra o décimo oitavo aniversario do seu particular festival o vindeiro sábado, 10 de outubro, a partir das 20:00 horas, no Auditorio Reveriano Soutullo. 18 anos de festival e 18 anos de historia dunha asociación que con este evento pon o punto e final a un ano de intensa actividade.
Nesta edición, ademais da actuación da asociación natural da parroquia ponteareá de Celeiros, será posible gozar do espectáculo ofrecido polo grupo “La Picota”, procedente da localidade toledana de Yepes. A agrupación castelá manchega ofrecera un recital de coros e bailes rexionais propios da súa terra.
O evento, que conta coa colaboración do Concello de Ponteareas e da Deputación de Pontevedra, será presentado polo actor e reporteiro Serxio Pazos, quen ademais ofrecerá un pequeno monólogo ao público, que poderá asistir ao espectáculo de maneira gratuíta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149