Mos
A Festa do Codillo presenta a súa décimo oitava edición que se celebrará o domingo 18 de outubro
Durante a mesma repartiranse máis de 3 toneladas de producto
Hoxe preséntase a XVIII Festa do Codillo que terá lugar ás 12:00 horas no Pazo de Mos. Estarán presentes na mesma membros da directiva da asociación organizadora do evento gastronómico, o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, entre eles a súa presidenta; así coma os representantes municipais Alberto Méndez, alcalde P.D. de Mos, e Sara Cebreiro, concelleira de Cultura mosense, entre outras personalidades.
O domingo 18 de outubro celebrarase na parroquia de Mos a consolidada Festa do Codillo, que este ano chega a súa 18ª edición e contará con Abel Estévez, adestrador do Club Balonmano Porriño e actual seleccionador galego de balonmano, como pregoeiro convidado. Na Festa do Codillo de Mos poderase saborear polo prezo de 9 euros, unha receita de codillo de porco ó forno, composta por dúas partes de codillo con arroz branco e chícharos, acompañado dunha salsa cun toque picante e servido todo nun prato de porcelana con garfo e coitelo metálicos, pano de mesa, pan e vaso de viño ou botellín de auga.
A degustación do Codillo será dende ás 11:00 horas ata fin de existencias (máximo 15:30 horas) do domingo 18 de outubro. Dende o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia prevén unha afluencia de asistentes de 5.500 persoas entre as que se repartirán 2.500 kg. de codillo de porco, 500 kg. de arroz, 150 kg. de chícharos, pemento, cebola, allo, etc., 5.500 bolos de pan, e 2.000 botellas de viño.
Coma sempre a programación da festa desenvolverase en dous días. O programa de festas iníciase ás 20:30 h. do sábado 17 de outubro coa actuación do Grupo de Playback Estrelas do Castelo (Mos) e outros dous grupos convidados: Abrente de Mos e Arte Xoven de Areas (Ponteareas). A continuación farase o “XIII concurso de Serra de troncos con Tronzador de man”, seguido dos concertos do “Grupo Folk Algarabía” e “A Vacaloura Vermella”. Todo isto acompañado dun gran MAGOSTO POPULAR.
No propio día da festa (domingo 18 de outubro), terá lugar o “IV mercado de artesanía, gastronomía e produtos da terra” con máis de 30 postos e varias actuacións folclóricas. Entre elas, aprovéitase a festa para facer un intercambio cultural con algún grupo folclórico, estará o Grupo de Coros y Danzas Casta Soplona de Cadalso de los Vidrios (Madrid), que xunto co Grupo de Baile Santa Eulalia, a Banda de Gaitas Airiños do Castelo, e a charangas Vai de Baile, serán os encargados de amenizar a xornada.
Historia da festa
A Festa do Codillo xurdiu grazas ó afán da primeira xunta directiva do Círculo Cultural e Deportivo Sta. Eulalia, por buscar novas ideas para ilusionar a tódolos veciños e ós socios en particular. Queríase facer un evento no que Mos se convertese nun referente. Pensouse en facer unha festa gastronómica, posto que no Concello de Mos non había ningunha festa importante desas características.
E así, despois de barallar varias opcións, propúxose o codillo, unha parte do porco que ata ese momento non se enxalzaba en ningunha festa gastronómica de Galicia.
Este evento chegou o 8 de novembro de 1998 baixo a denominación de “1ª Festa do Codillo”, facéndose realidade unha das ideas máis orixinais e importantes que desenvolvería o Círculo. Actualmente é unha festa consolidada que atrae cada ano a milleiros de persoas, converténdose na máis importante destas características do Concello de Mos e unha das máis destacadas da nosa comarca.
Dende o ano 2009 estableceuse como data fixa para a súa celebración o terceiro domingo de outubro. O seu emprazamento dende o ano 2012 é o Contorno peonil do Pazo de Mos, preto do cruce da N.550 (O Porriño – Redondela) coa PO.2601 (a Torroso, Puxeiros) detrás da igrexa parroquial de Sta. Eulalia de Mos. Este emprazamento é o berce do Concello de Mos e o único xérmolo de casco histórico municipal, de onde a mediados do século XVI ergueron a súa vivenda, sete casas máis para o seu servizo e a igrexa parroquial, os primeiros señores de Mos, que co tempo alcanzarían os máis altos recoñecementos nobiliarios, converténdose en Marqueses de Mos con grandeza de España. As vicisitudes da historia quixeron tamén que o Pazo fose testemuña directa da ira das tropas francesas durante a Guerra da Independencia, sendo queimado no ano 1809 converténdose nun edificio en ruínas. Despois de pasar por varias mans o Pazo do Marqueses de Mos, acabou sendo donado ós veciños da Parroquia de Mos, que foron quen de poñerse de acordo para a súa reconstrución conseguindo os medios materiais e económicos suficientes para poder convertelo na grande casa social e cultural de todos eles.
Neste contorno histórico, no que se desenvolve a Festa do Codillo, e moitas máis iniciativas, atopamos tamén o que foi a Casa do Concello de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.15