Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 12 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Conde destaca a unidade mixta Copo-Aimen como “exemplo innovador”

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria visita o Centro Tecnolóxico do Grupo Copo - CETEC onde se impulsa un proxecto que suma 2,5 millóns para fabricar materiais espumados que reducen o peso dos vehículos

[Img #20960]

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacaba este pasado venres a Unidade Mixta de Innovación que están a desenvolver Aimén e o Grupo Copo como un exemplo innovador na procura de novos materiais e da diversificación da industria auxiliar da automoción. “Este compromiso innovador se plasma nesta colaboración, na que participa tamén a Axencia Galega de Innovación, e que amosa a vontade de traballar conxuntamente: a empresa establecendo as súas necesidades para desenvolver un produto competitivo, e o centro tecnolóxico achegando o seu coñecemento”, incidiu.

 

Así, e no transcurso da visita ás instalacións do Centro Tecnolóxico de Copo – CETEC na que estivo acompañado polo presidente de AIMEN, Fernando Vázquez, e polo conselleiro delegado do Grupo, José Antonio Rodríguez, Conde salientou que o proxecto suma un orzamento conxunto de 2,5 millóns. Unha cifra que permitirá desenvolver materiais espumados que, entre outras vantaxes, reducirán o peso dos vehículos, acadando tamén melloras nos tempos ao diminuír os procesos asociados á súa fabricación.

 

“Trátase, polo tanto, dunha innovación aberta que xorde dunha colaboración que vai permitir dar respostas ás necesidades do Grupo Copo a través do coñecemento da tecnoloxía láser de Aimén”, salientou o conselleiro. 

 

Neste marco, o proxecto aspira a ter, a medio e longo prazo, aplicabilidade noutros mercados como a aeronáutica, o naval, o ferrocarril ou a construción. Deste xeito, e xunto á diversificación do sector e da súa industria de compoñentes, a iniciativa contribuirá ao impulso de novas tecnoloxías de fabricación, que son ferramentas para a fábrica do futuro, en liña coa Axenda da Competitividade Galicia – Industria 4.0.  

 

Conde salientou que a iniciativa enmárcase na aposta decidida pola innovación que está a seguir o sector da automoción. Un compromiso que, segundo incidiu, ten permitido desenvolver 6 Unidades Mixtas relacionados coa industria automobilística, do total de 19 que se están a impulsar en Galicia. Todos estes proxectos, salientou, Conde, están a mobilizar 70 millóns xerando máis de 250 empregos cualificados. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.