GALICIA
A CIG denuncia a Axencia Tributaria diante do Tribunal Contas polas cantidades “desorbitadas” e o “reparto discrecional” da produtividade entre os altos cargos desta administración
A representación da CIG na Axencia Tributaria leva anos denunciando o “escandaloso sistema de reparto da produtividade que a finais de ano se realiza entre os altos cargos, que mesmo chegan a percibir máis de 30.000 euros anuais só nese concepto”. Porén, aseguran que “este desfase salarial veuse acrecentado coa posta en marcha do denominado Plan Especial de Intensificación de Actuacións, vendido na prensa como un programa de loita contra a fraude, pero que esconde un reparto discrecional de cartos, no marco dun plan sen contido específico, ligado só a realizar un maior horario” segundo explica Miguel Jaúdenes, delegado da CIG na AEAT.
A este respecto, a representación da CIG na AEAT, critica que incluso “chega con facer 6 minutos máis ao día” para xuntar as 10 horas de incremento horario requirido. “Todas e todos sabemos que se van cumprir os obxectivos e que, en realidade, este plan supón o reparto dunhas cantidades desorbitadas de xeito totalmente discrecional entre os altos cargos da AEAT en Galiza, que trata de xustificarse facendo partícipe ao conxunto do persoal”.
Este plan, do que se cumpre a segunda edición, non contou co respaldo da CIG nin neste ano nin no anterior, posto que no mesmo non se define nin o traballo a realizar, descoñécese a priori a cantidade que se vai cobrar, déixase ao “libre albedrío dos/as xefes/as” os criterios de reparto e non existe transparencia na cantidade a repartir. “Entendemos que supón un malgasto de cartos públicos mediante un plan que, ademais, se quere estender ao resto das Administracións Públicas. Non hai que esquecer que estamos a falar de 50 millóns de euros no ámbito de toda a AEAT”, subliña Miguel Jaúdenes, delegado da CIG na Axencia Tributaria.
Para avaliar as dimensións deste desfase salarial, o representante sindical explica que mentres na campaña da Renda se paga unha media de 25€/hora ao persoal para o traballo realizado fóra da xornada, no marco deste plan “o prezo/hora para os altos cargos estaría na orde de 500€/hora por traballar 6 minutos más ao día. Estamos falando dun incremento do 2000% no prezo/hora para os altos cargos”, denuncia.
A representación da CIG na Axencia Tributaria considera “escandaloso” que mentres o persoal leva anos coas retribucións conxeladas e co Acordo de Carreira Administrativa paralizado por mor da crise, “se realice un reparto arbitrario de cartos públicos que supoñen un prezo/hora nunca visto na AEAT e que resulta indigno nunha Administración que ten que velar polo bo uso dos cartos públicos”.
Por esta razón, a central sindical vén de presentar denuncia ante o Tribunal de Contas do Estado para que este dirima se hai indicios dalgunha conduta irregular por parte dos/as dirixentes da AEAT que poida ser denunciada na Fiscalía correspondente.
De igual xeito, desde a representación da CIG solicitouse a dimisión do Director da AEAT “e o cese inmediato de todos os altos cargos que participan e distribúen os cartos públicos mediante este tipo de plans”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191