Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 14 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

30 persoas comenzaran a traballar o 1 de novembro no Porriño grazas ao Plan de Emprego da Deputación

[Img #20999]

 

Unha trintena de  traballadores, seleccionados a través dos servizos públicos de emprego entre persoas desempregadas non perceptoras de prestacións, ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia –como a Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA), Renda Activa de Inserción (RAI) ou do Programa de Recualificación Profesional (PREPARA)- empezarán a traballar o 1 de novembro no  Porriño, no marco do ‘II Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015” da Deputación de Pontevedra.

 

Trátase de 2 orientadores laborais, 1 técnico de marketing, 1 auxiliar administrativo, 1 técnico informático, 2 oficiais de albanelería, 6 peóns de albanelería, 1 oficial de carpintería, 1 oficial de fontanería, 1 oficial electricista, 1 oficial de obra pública, 3 peóns de obra pública, 1 tratorista, 1 oficial de xardinería, 4 peóns de xardinería, 1 biólogo, 1 xeógrafo e 2 animadores socioculturais.

 

AXENCIA DE COLOCACIÓN DO PORRIÑO

 

Os orientadores laboráis e o técnico de marketing prestarán os seus servizos en ‘Apoio á axencia de colocación do Porriño’, que ten coma obxectivo realizar actividades de intermediación laboral, proporcionar ás persoas traballadoras un emprego adecuado ás súas características así como actuacións relacionadas coa busca de emprego, tales como orientación e información profesional.

 

Ao ‘Apoio á xestión do Centro Neural’, de Torneiros, adicado a actividades coma un viveiro de empresas, cíber, charlas, cursos de formación ou actividades socioculturais, sumaranse 1 auxiliar administrativo e un técnico informático.

 

Polo que se refire á ‘Rehabilitación de edificios municipais e parques e xardíns’, contará con dous novos equipos de traballo compostos por 2 oficiais de albanelería, 6 peóns, 1 oficial de carpintería, 1 oficial de fontanería e 1 oficial electricista. A súa laboura será adecentar e recuperar inmobles municipais coma a antiga Escola Unitaria de Atios ou o edificio do Polígono de Torneiros adecado a Actividades Socioculturais.

 

Outro oficial de albanelería e obra pública e tres peóns de obra pública, desenrolarán o seu traballo na eliminación de barreiras arquitectónicas nas beirarrúas do concello; unha laboura que se complementará coa ‘Limpeza e acondicionamento de beirarrúas e camiños rurais’, a cargo dun tractorista, un oficial de xardinería e catro  peóns.

 

Ademáis, un biólogo e un licenciado en xeografía e historia, realizarán un ‘Estudo da situación do Louro e os seus afluentes’, que abrangue as zonas de maior interese histórico e ecolóxico, como Muiños ou Pontellas, e os atrancas existentes na actualidade para o establecemento de zonas de paso para camiñantes.

 

Finalmente, 2 animadores socioculturales, serán os encargados das ‘Actividades de animación sociocultural para menores’ no Polígono de Torneiros.

 

En total, como subliña a alcaldesa, Eva García de la Torre, supón un orzamento de 58.390 €, que asume a Deputación de Pontevedra e que, dacordo cos obxectivos fixados polo goberno local, se destinan á “realización de obras, actividades e iniciativas de máximo interese para os veciños do Porriño, á recuperación de espazos municipais e orientados, todos eles, ao eido do emprego e o benestar”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.