Mos
O Concello de Mos organiza unha excursión ós Pobos Brancos de Cádiz
Dirixida ós maiores do municipio, esta actividade pretende facilitarlles unha maior oferta lúdica e fortalecer os seus vínculos veciñais
![[Img #21008]](upload/img/periodico/img_21008.jpg)
O programa “Tempo de Excursión” que realiza a concellería de Participación Cidadá, dirixida pola concelleira Kely Monzón, oferta ós maiores de Mos a posibilidade de coñecer outros lugares e fortalecer os lazos entre veciños.
Entre 45 e 55 veciños de Mos terán a oportunidade de realizar a ruta que enlaza os Pobos Brancos de Cádiz, cun abundante patrimonio arqueolóxico, no medio dunha paisaxe na que sobresaen as cumes que forman o Parque Natural da Serra de Grazamela, declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO. A viaxe terá saída o 2 de novembro dende o Concello e regreso o 8 de novembro.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de outubro de maneira presencial no Rexistro Xeral do Concello de Mos.
O custe para cada participante é de 335 euros en réxime de pensión completa.
Poden participar persoas empadroadas no Concello maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. Non é preciso que os cónxuxes ou parellas de feito cumpran os requisitos. Os fillos discapacitados poden acompañar ós pais.
Se existisen vacantes poderán participar maiores de 55 anos sen actividade laboral e persoas non empadroadas en Mos.
O día 30 de outubro farase pública a lista de admitidos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106