Ponteareas
O Partido Popular de Ponteareas dí que a idea do parque forestal na Picaraña é “unha proposta da anterior lexislatura”
Según o Partido Popular, “o recente anuncio do Sr. Represas nos medios de comunicación sobre o inicio dos primeiros pasos para converter o Monte da Picaraña nun Gran Parque Forestal obedece, unha vez máis, a unha descarada actitude de apropiarse e vender como propias, propostas que xa foron aprobadas na anterior lexislatura”.
Dende o PP recórdanlle ao Alcalde que “a idea de converter o Monte da Picaraña nun Gran Parque Forestal xa aparece recollido no documento de aprobación inicial do PXOM , aprobado no ano 2013”.
Así, explican nun comunicado de prensa, “no PXOM no referente ás reservas ambientais do municipio de Ponteareas en continuidade con espazos protexidos da paisaxe, A Picaraña constitúese como o Gran Parque Forestal da Vila nas parroquias de Arcos, Bugarín, San Lourenzo e Ponteareas”.
Engaden que “tamén o PXOM propón unha serie de itinerarios ambientais peonís lineais, en conexión co casco urbano que permiten o acceso a este Parque Forestal da Picaraña e posteriormente continuando este itinerario forestal ata o Castro de Troña”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149