Mos
O Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 forma a 90 persoas que realizarán prácticas laborais en empresas
A iniciativa presentada este xoves está subvencionada pola Xunta con preto de 300.000 euros prolongarase ata finais de agosto de 2016
![[Img #21022]](upload/img/periodico/img_21022.jpg)
O pasado xoves celebrouse na Axencia de Colocación de Mos a presentación do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 que forma parte da estratexia en política de emprego deseñada para a presente lexislatura e que se engloba baixo o título Mos Territorio de Oportunidades.
O acto de presentación do Plan Integrado de Emprego contou coa asistencia do alcalde P.D. de Mos, Alberto Méndez Lago, do concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto Abadín, a técnico de Prospección e Intermediación do Plan Integrado de Emprego, Mª Belén Fernández Durán e a técnico de Orientación Laboral do Plan Integrado de Emprego, Ana Concheiro Sánchez.
Esta iniciativa conta co apoio económico da consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia que financia o Plan por medio dunha subvención de 281.497,48 euros.
Benefícianse desta acción un total de 90 alumnos e alumnas usuarios do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0. Entre estas 90 persoas hai 46 mulleres, 43 homes, 37 menores de 25 anos, 40 entre 25 e 40 anos e 12 maiores de 40 anos. En canto ós seus perfís por nivel de estudos 26 teñen estudos primarios, 28 Graduado en ESO, 29 ciclos formativos, 3 Bacharelato e 3 estudos universitarios.
Respecto da colaboración empresarial con este proxecto, os representantes municipais informaron de que “xa se contactou con 22 empresas dos máis diversos sectores, que se seguirán incrementando ó longo de toda a duración do Plan para detectar os perfís profesionais que estas demandan, ofrecendo así aos usuarios do plan, actividades formativas adaptadas a estas necesidades e realizando convenios de colaboración para realizar as prácticas profesionais coa posibilidade de futuras contratacións”.
O Plan Integrado de Emprego Mos 3.0, que se prolongará ata finais de agosto de 2016, incluirá sesións de orientación laboral personalizadas con cada un dos usuarios do plan para valorar o seu perfil profesional, detectar as necesidades formativas de cada un deles e establecer un itinerario personalizado de inserción laboral.
As accións formativas transversais a realizar por todos os usuarios ata o remate do Plan son cursos de formación en competencias dixitais básicas para o emprego, curso de introdución ás relacións laborais, curso de inglés adaptado segundo niveis, e curso de redes sociais para a procura de emprego.
As accións formativas segundo cada perfil profesional que os alumnos e alumnas levarán a cabo son: un curso atención ao público con nocións de paquetería e escaparatismo, un curso preparatorio para a ESO, un curso preparatorio para a obtención do carné de conducir B, un curso carretilleiro e un curso de acompañante de autobús escolar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106