Mos
Gañamos pide a declaración da Serra do Galiñeiro como Espazo Natural de Interese Local
![[Img #21026]](upload/img/periodico/img_21026.jpg)
O Grupo de Concelleiros de GañaMos Asemblea Veciñal presentou una moción, para a súa discusión e aprobación, relativa á Serra do Galiñeiro, na que solicita que o Concello de Mos inicie os trámites necesarios para declarar a parte mosense da Serra do Galiñeiro como ENIL (Espazo Natural de Interese Local).
Ademáis piden que en colaboración coa Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro se informe aos veciños -especialmente aos de Erville e Cela- sobre a riqueza que supón o patrimonio natural e cultural que ten a Serra do Galiñeiro.
Tamén solicitan que se facilite o traballo de todas as entidades que conforman a plataforma co fin de conseguir o seu principal obxectivo: ‘A declaración de Parque Natural para toda a serra do Serra do Galiñeiro’.
Ademais alertan que a Consellería de Industria “mantén no Galiñeiro a oferta a concurso público para a instalación dun parque eólico e no seu solo tamén se contempla a posibilidade de abrir explotacións mineiras a ceo aberto. Os veciños de Erville serían os máis afectados por estas actividades industriais, que cambiarían para sempre o uso do seu solo forestal, tendo que sufrir a contaminación ambiental, acústica e visual que estas actividades provocan” segundo sinalan nun comunicado de prensa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118