Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 16 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Sete restauradores participan na XII Edición das Xornadas Micolóxicas

A programación organizada prolongarase ata o domingo 25 de outubro, día grande desta iniciativa

[Img #21067]

 

Onte celebrouse no Restaurante O Cruceiro a presentación da XII Edición das Xornadas Micolóxicas do Concello de Mos. O acto contou coa asistencia do alcalde P.D. de Mos, Alberto Méndez, a concelleira de Medio Ambiente, Julia Loureiro, a edil de Cultura, Sara Cebreiro, a bióloga da UVIGO especialista en Micoloxía, Puri Lorenzo; representantes da Comunidade de Montes en Man Común de Mos, representantes de ‘HGA Bodegas y Viñedos de Altura’ que ofreceron unha degustación de viños durante a presentación, e representantes dos restaurantes participantes nas Xornadas Micolóxicas 2015: Adega da Tía Carmen, O Alpendre, Tapería Sidrería Abadía, A Cova do Senlle, Tapería Flora, O Cruceiro e Bar a Mina.

 

Cada un dos restaurantes preparou un prato dos que se degustaron na presentación e que servirán tamén nas súas instalacións ó longo de tódalas Xornadas Micolóxicas. A Adega da Tía Carmen ofreceu empanada de millo con níscalos e castañas e croquetas de níscalos. O Alprendre serviu espagueti ‘nero di sepia’ con cantharellus, a Tapería Sidrería Abadía garbanzos con setas, A Cova de Senlle mexillóns recheos de setas e unha tarta de setas caramelizadas. A Tapería Flora presentou a súa crema de boletus e O Cruceiro un salteado de setas ao aroma do mar con escuma de boletus. Por último, o Bar a Mina serviu un ‘montadito’ de setas salteadas coon xamón, champiñóns e mahonesa de módena.

 

A gran novidade desta duodécima edición das xornadas, segundo explicou onte a edil Julia Loureiro, son as novas incorporacións de 5 restaurantes, que se sumaron ós xa veteráns Adega da Tía Carmen e O Alpendre, ambos con 6 anos consecutivos de historia de participación nestas xornadas ás súas espaldas.

 

Programa

 

As XII Xornadas Micolóxicas de Mos prolongaranse dende o vindeiro día 19 de outubro ata o 25 deste mesmo mes. As charlas micolóxicas no Pazo de Mos comezarán o luns día 19 cunha conferencia sobre a Avespa Asiática (Vespa Velutina), a cargo de José María Seijo Coello, presidente da Agrupación Apícola de Galicia. Xa o martes 20 terá lugar a mesa redonda titulada xestión sostible dos montes galegos, na que intervirán e participarán membros de comunidades de montes, clubes deportivos de ciclismo, motociclismo, caza e montañismo; e enxeñeiros e axentes forestais. O mércores día 21 haberá unha sesión de introducción á micoloxía impartida pola presidenta da Asociación Estada Micolóxica, Merche Nodar; o xoves 22 de outubro Puri Lorenzo, bióloga especialista en micoloxía, ofrecerá a charla titulada iniciación ó xénero Russula; e o venres 23, José Luis Tomé impartirá unha sesión sobre como como cociñar cogomelos. Todas as charlas empezarán ás 20.30 horas da tarde.

 

O sábado 24 de outubro dende as 10:00 horas ata 13:30 horas realizarase unha saída didáctica e guiada por dous monitores dende o Pazo de Mos ó campo para a recollida e identificación de cogomelos. Para a saída ó campo é necesaria inscrición previa con prazo aberto dende hoxe ata o día 22 de outubro no teléfono 986097037 da concellería de Medio Ambiente.

 

O domingo 25 de outubro será a xornada principal con exposición, consulta e identificación de cogomelos no Pazo de Mos en horario de 10:30 horas a 14:00 horas e de 17:00 horas a 20:00 horas. En horario de 12:00 horas a 15:00 horas  ofrecerase unha degustación de setas a prezos populares que incluirá pincho e viño por 3,50 euros, tamén no contorno do Pazo de Mos. Dita degustación será realizada polos restaurantes participantes nas xornadas, Ádega da tía Carmen, O Alpendre, Tapería Sidrería Abadía, A Cova de Senlle, Tapería Flora, O Cruceiro e Bar A Mina.

 

O día completarase con diferentes espectáculos e actuacións, tales coma a do Grupo de Gaitas e Baile Ruada de Torroso ás 12:30 horas, a do Grupo Folk Pés na Rúa de Pereiras ás 13:30 horas e ás 18:00 horas chegará un espectáculo infantil de teatro e música para os máis cativos ofrecido polo Capitán Garfo.

 

Xa entre finais do mes de outubro e ó longo do mes de novembro realizaranse as actividades micolóxicas infantís con saídas ao monte e charlas sobre a identificación e recolleita de setas e cogumelos nos colexios de Atín e Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, dirixidas ao alumnado de Educación Primaria. Estas actividades darán comezo o 29 de outubro e prolongaranse ata o 13 de novembro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.173

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.