Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 21 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Unha empresa reclámalle ó Concello o pago dunha placa de bronce que nunca chegou a utilizarse

A placa foi encargada polo anterior goberno e o custe ascende a máis de 2.000 euros

Unha empresa de fundicións de Moaña reclámalle ó Concello de Tui o pagamento de máis de 2.000 euros por unha placa de bronce, destinada para as instalacións deportivas do C.D. Caldelas, e que nunca chegou a utilizarse.

 

A placa foi encargada pola anterior corporación municipal, e debería terse colocado na inauguración oficial do Campo de Fútbol de Caldelas, o 22 de marzo deste ano, acto que nunca se realizou. A placa, de 60x40 cms, ten a seguinte lenda: “Inauguración das instalacións deportivas do C.D. Caldelas, sendo presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, Alcalde de Tui, D. Moisés Rodríguez Pérez e presidente do Club Deportivo Caldelas, D. Juan Ángel Gándara Castiñeira.

 

Por isto, nun primeiro momento, tentouse devolver a placa e que a empresa a fundise, pero o valor do bronce fundido sería só de 200 euros.

 

Malia que efectivamente a placa nunca chegou a utilizarse, a actual corporación do Concello de Tui explica nun comunicado que, “no intento de non prexudicar á empresa de fundicións”, chegou a un acordo coa mesma, para a reutilización da placa cambiando o texto e para o pago desta factura atrasada que data do 1 de abril de 2015.

 

A actual corporación quere chamar a atención sobre o “despilfarro que significan para as arcas públicas e para o conxunto da cidadanía feitos como os relatados nesta nota, encargar unha placa de 2.000 euros e nin tan sequera colocala”. O goberno local destaca “a necesidade de evitar estas actitudes e destinar os cartos públicos a accións máis rendibles para os veciños”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.