Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 20 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Tomiño

Comeza o curso de formación de adultos para a obtención do graduado da ESO por libre

O curso de formación de adultos para a obtención do graduado da ESO por libre comeza o seu curso lectivo o hoxe 20 de outubro. Haberá dúas turnas, unha de mañán de 10h a 13h00 e outra de tarde de 19h a 22h. As clases serán na Escola Obradoiro de Goián os martes, mércores e xoves e máis de 50 veciños e veciñas de Tomiño de diferentes idades poderán beneficiarse de xeito gratuito.

 

O Concello de Tomiño inicia así a súa oitava edición dun curso para adultos que ten formado a máis de 300 veciños e veciñas. Na pasada convocatoria aprobaron 19 alumnos e alumnas dos 50 inscritos sendo Tomiño un dos Concellos coa taxa de aprobados máis alta da provincia.

 

As persoas beneficiadas deste curso son veciños e veciñas maiores de 18 anos e que non están matriculados oficialmente en ningún curso da ESO. A docencia está a cargo da traballadora municipal Lucía Souto.

 

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que “dende o Concello ofertamos altenativas formativas co fin de xerar expectativas de emprego entre os veciños e veciñas que non remataron os estudios obrigatorios”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.