Xornadas Micolóxicas 2015
A xestión sostible dos montes a debate
A actividade celebrarase no Pazo de Mos e dará comezo ás 20.30 horas da tarde de mañá
![[Img #21107]](upload/img/periodico/img_21107.jpg)
Dentro da programación das XII Xornadas Micolóxicas e Forestais e dando continuidade á serie de charlas iniciadas hoxe coa sesión sobre a Avespa Asiática (Vespa Velutina) impartida por José Mª Seijo Coello, presidente da Agrupación Apícola de Galicia, o Pazo de Mos acollerá mañá pola tarde, ás 20.30 horas, unha mesa redonda sobre a xestión sostible dos montes galegos.
Este encontro versará sobre o impacto que causan as diferentes actividades deportivas practicadas nos montes, entre as que se atopan o ciclismo, o motociclismo, a caza, o montañismo, etc. Nesta mesa redonda participarán representantes de distintas comunidades de montes e clubes deportivos, ademais de enxeñeiros e axentes forestais.
O obxectivo desta iniciativa é buscar un punto de entendemento entre comunidades de montes e clubes deportivos. Isto é, achegar posturas entre ambas as partes buscando o ben común e do monte.
Na mesa redonda de mañá intervirán: Jesús Represas, presidente da Comunidade de Montes de Xinzo, Ramón Muíños, secretario da Comunidade de Montes de Mos, o Sr. Touceda Magariños, presidente da Sociedade Cinexética Comercial Monte Salgueirón, Julio Ruiz, enxeñeiro forestal da Asociación Forestal de Galicia, Alberto Canle, representante da Federación Galega de Montañismo, Guillermo Janeiro, presidente do Club Ciclista Single Trash, Joaquín Agra, presidente do Motoclub Papaya; e Juan Carballido, presidente do Club Ciclista Master da Louriña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118