Xosé Leal: “a Deputación apostará por estimular a creación de servizos de normalización lingüística nos concellos”
Ofrecerá recursos técnicos e de asesoramento ás administracións locais que aposten por crear ou potenciar este servizo.
O deputado de Cultura e Normalización Lingüística, Xosé Leal, anunciou o pasado 16 de octubre “unha aposta decidida no apoio aos concellos que desexen crear ou potenciar servizos de normalización lingüística”, para o que porá á súa disposición os recursos técnicos e de asesoramento do Servizo Lingüístico da Deputación. Xosé Leal referiuse a esta actuación no transcurso da súa intervención nos XVII Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Consello da Cultura Galega, nos que participou formando parte da mesa redonda “Implicación das administracións locais: as deputacións provinciais”.
Neste marco, Xosé Leal, lembrou que “nos concellos da provincia de Pontevedra apenas existe este servizo, xa que na actualidade non chegan nin á decena os que contan con Normalización Lingüística de xeito estable” e engadiu que é “fundamental realizar actuacións que estimulen a súa creación e, no caso dos xa existentes, a súa potenciación”. Leal asegurou que se trata dun servizo “esencial para que as entidades locais, que son as máis próximas á cidadanía, poidan potenciar o uso social da lingua e ofrecer unha atención acorde coa nosa identidade lingüística e cultural”.
Sobre o papel que a institución provincial debe desempeñar na promoción da normalización lingüística entre os concellos, o deputado de Cultura e Normalización Lingüística subliñou que “non se trata de que a Deputación asuma directamente o financiamento deste servizo nos concellos, senón de poñer en marcha iniciativas que estimulen e promovan a normalización lingüística, e fomentar que sexan os propios concellos os que decidan sobre a creación e mantemento do servizo en base ao Plan global de fondos provinciais que se lles trasladará”.
Encontro de Normalización Lingüística provincial
A área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación de Pontevedra celebrará a comezos de novembro un Encontro de Normalización Lingüística Provincial orientado tanto a responsables políticos como a persoal técnico dos concellos para coñecer as súas demandas neste ámbito e poder ofrecerlles medidas de apoio e asesoramento axeitadas ás súas necesidades.
Neste encontro, os concellos participantes poderán coñecer as políticas que poden desenvolver neste campo, ao tempo que se traballará sobre un borrador de ordenanza para o impulso social da lingua galega nas vilas.
Tamén se informará sobre a elaboración dunha revista especializada en sociolingüística e a publicación de libros de carácter lingüístico e de temáticas relacionadas con diferentes eidos da sociedade que teñan como nexo común o galego e a súa normalización, a través do Servizo de Publicacións provincial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61