Mos
Mellora do firme no camiño do Cabo da Vella en Petelos
Estas obras pretenden "optimizar a seguridade viaria na zona" estanse a acometer gracias a unha subvención da Deputación incluída no PPOS 2015
![[Img #21128]](upload/img/periodico/img_21128.jpg)
O Alcalde P.D. de Mos, Alberto Méndez, e o concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso, visitaron este mércores as obras de mellora da pavimentación no camiño da Cabo da Vella, parroquia de Petelos.
Estes traballos están a ser acometidas grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra incluída no PPOS 2015 (Plan Provincial de Obras e Servizos) que ascende a 23.175,12 euros. Dita axuda inclúe tamén labores de instalación de rede de saneamento municipal, que xa foron rematados.
As obras que se están a realizar consisten, tal e como explicaron os representantes municipais na rehabilitación do pavimento asfáltico do Camiño Cabo da Vella ata Aleymar (fronte Centro Reto), incluíndo actuacións previas de limpeza e desbroce de marxes.
A actuación divídese en dous tramos, un de 1.017 metros cadrados de superficie e outro de 88 metros cadrados de superficie. A lonxitude do primeiro tramo é de 226 metros ea do tramo final é duns 30 metros sin asfaltar que se atopan tras unha curva de 90 grados.
O obxectivo desta actuación é a mellora da seguridade viaria na zona mediante a rehabilitación do perfil lonxitudinal e transversal dos dous tramos do vial. Ó remate da visita matinal ás obras o edil Luis Alonso avanzou que se estima que estes traballos de mellora da pavimentación estean rematados nun prazo aproximado dun mes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180