Ponteareas
O pleno pide a dimisión de Solla e de Villar como concelleiros
A sesión plenaria celebrada o pasado 20 de outubro serviu para que a corporación aprobara por maioría unha moción que esixía a renuncia de Salvador González Solla e de Belén Villar aos seus cargos de concelleiros do Concello de Ponteareas pola súa implicación na operación Patos.
Nun comunicado emitido dende o concello aseguran que “A UDEF (Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal) atribúe presuntamente ao ex alcalde do PP, Salvador González Solla, e á ex concelleira de Facenda, Belén Villar, a comisión de delitos de prevaricación, falsidade documental e contra a facenda pública. Uns feitos que motivaron que a actual Xunta de Goberno Local do Concello de Ponteareas decidira, o pasado mes de setembro, presentarse como acusación nesta causa xudicial”.
A moción contou cos votos a favor das forzas que forman o goberno e do grupo municipal de Esquerda Unida. O grupo municipal ACiP abstívose e o único grupo que votou en contra foi o do Partido Popular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149