Ponteareas
O goberno municipal esixe á Xunta de Galicia que asuma a xestión da Estación de Autobuses de maneira inmediata
O goberno local sacou adiante todas as propostas que presentou a esta sesión plenaria
![[Img #21165]](upload/img/periodico/img_21165.jpg)
O goberno local de Ponteareas conseguiu aprobar todas as propostas que presentou na sesión plenaria do pasado martes, 20 de outubro. Unha das máis importantes ten que ver coa esixencia que plantea o Concello á Xunta de Galicia para que esta última asuma, de maneira inmediata, a xestión da Estación de Autobuses de Ponteareas. A proposta tamén contempla a posibilidade de que, no caso de que a administración autonómica non se faga cargo deste servizo, poida negociar un convenio co propio Concello para compensar os gastos de mantemento desta estación.
O goberno local, que contaba con maioría suficiente como para aprobar a súa proposta sen necesidade de buscar consenso, decidiu matizar o primeiro punto da mesma para contar co apoio da práctica totalidade da corporación e que a mensaxe enviada á Xunta de Galicia “chegue con máis forza”. Este matiz ten que ver coa substitución da expresión “antes do 1 de xaneiro do 2016” pola expresión “de inmediato”, sen que esta mudanza “varíe en absoluto a intención do goberno local de poñer fin a esta situación dunha vez por todas”.
A proposta, que foi aprobada por 16 dos 21 concelleiros que forman a corporación (2 edís do grupo municipal ACiP e 1 do PP non estaban presentes no salón de plenos nese momento), está recollida na acta municipal do pleno da seguinte forma: “Esixir á Xunta de Galicia que asuma de inmediato o servizo da Estación de Autobuses e, no caso de non facelo, que negocie un convenio co Concello de Ponteareas para compensar os gastos de mantemento e xestión; Instar á Xunta de Galicia a compensar ao Concello de Ponteareas polo déficit xerado dende o 31 de xullo de 2011; Instar á Xunta de Galicia a constituír unha Comisión Mixta formada polo Concello de Ponteareas e os entes con competencia nesta materia dentro do goberno autonómico para concluír este traspaso e Dar traslado desta proposta ao presidente da Xunta de Galicia, ao Vicepresidente da mesma e á Dirección Xeral de Mobilidade”
Ademais deste punto, o goberno acadou un amplísimo respaldo para aprobar outras propostas, como as modificacións da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de distribución de auga e tamén da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de sumidoiros e depuración de augas residuais. A proposta do goberno municipal para actualizar as devanditas taxas segundo a última variación do Índice aos Prezos de Consumo (IPC), que foi de -0,4% e que polo tanto suporá unha baixada na contía destas taxas, foi aprobada por unanimidade.
A ordenanza municipal reguladora do Servizo de Axuda no Fogar tamén foi obxecto de actualización, sendo aprobada por unanimidade unha pequena diminución das taxas que pagan os usuarios para adaptalas á lexislación vixente. A Consellería de Benestar da Xunta de Galicia fixa as diferentes contías en función do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
Os orzamentos da Xunta de Galicia para O ano 2016 tamén formaron parte do debate plenario. O executivo local conseguiu aprobar unha proposta que o rexedor, Xosé Represas, cualificou de “realista” e que contempla as seguintes peticións:
Incluír nos orzamentos unha partida económica para o financiamento da redacción do proxecto de trazado que permita dar os primeiros pasos de cara á construción . O protocolo asinado entre o Concello de Ponteareas, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento establece que o organismo encargado desta redacción é o autonómico; Inclusión do financiamento preciso para construír un comedor no CEIP Fermín Bouza Brey, pois é “o único centro de ensino do casco urbano que non conta con esta instalación”, tal e como apuntou o alcalde – APROBADA POR UNANIMIDADE; inclusión dunha partida concreta para a reforma integral deste mesmo centro educativo, ademais do financiamento necesario para os traballos de mantemento do resto de colexios da vila – APROBADA POR UNANIMIDADE; Inclusión dunha partida orzamentaria para a redacción do proxecto de saneamento e depuración para todo o Concello de Ponteareas e para continuar coas obras de saneamento das parroquias nas que pode estenderse a rede de depuración – APROBADA POR UNANIMIDADE; Planificación da zona industrial da Lomba en colaboración co Concello; mellora da seguridade viaria das estradas autonómicas que pasan polo Concello de Ponteareas, que son un total de catro: PO-253, PO-254, PO-402 e PO-403 e que abranguen unha lonxitude de máis de 50 quilómetros – APROBADA POR UNANIMIDADE.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149