GALICIA
Os artesáns galegos agora poderán cobrar con tarxeta en calquera feira ou mercado
A maioría de negocios en mobilidade non atenden á crecente demanda do pago con tarxeta por parte dos consumidores, un problema que aos poucos se vai solucionando con empresas comercializadoras de TPV´s móbiles como SetPay
![[Img #21177]](upload/img/periodico/img_21177.jpg)
A única empresa 100% española que comercializa TPV´s móbiles acaba de pechar un acordo estratéxico con AGA, a Asociación Galega de Artesáns. SetPay facilitará que os membros deste colectivo comecen a ofrecer pago con tarxeta aos seus clientes en calquera localización, a través dun lector de tarxetas tan pequeno como unha calculadora e unha aplicación nun smartphone ou tableta. AGA grupa ao redor de 300 artesáns de diversos oficios en toda Galicia, integrados en talleres dunha ou dúas persoas.
A maioría de negocios en mobilidade e pequenos comercios non atenden á crecente demanda de pago con tarxeta por parte dos consumidores, que segundo os datos do Banco de España creceu nos últimos meses. O dispositivo de SetPay permite efectuar cobros desde calquera lugar, sen custos iniciais de alta e sen comisións mínimas mensuais. Un servizo perfecto para profesionais que non teñen unha ampla demanda diaria de pagos con datáfono e que, por tanto, non poden asumir custos de cotas ou penalizacións por baixo uso do servizo.
Comisións flexibles adaptadas ao volume de vendas
Os clientes de SetPay dispoñen ademais de tarifas adaptadas á súa facturación, de modo que canto máis usen o TPV, menor comisión abonarán. Unha solución pensada para encaixar na realidade de cada negocio e facilitar desde o inicio o crecemento das vendas. Tampouco existen cotas de mantemento ou obrigación de contratar outros produtos, reducindo así os custos fixos ás pemes e ofrecendo unha solución máis flexible que os datáfonos tradicionais.
O servizo de TPV móbil máis flexible do mercado
A marca, con sede en Santiago de Compostela, aposta por adaptar o seu servizo a diferentes colectivos desenvolvendo aplicacións ad hoc segundo as demandas de gremios e pequenos empresarios. Ademais, como vantaxe principal, este datáfono é multibanco, co que non é necesario que os usuarios cambien as súas contas ou produtos financeiros.
SetPay é a primeira compañía española en desenvolver un TPV móbil. Tras comezar a operar en España grazas a un acordo coa entidade alemá Privatbank, a compañía prepara xa o seu desembarco en Portugal nos próximos meses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149