Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 27 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Nova liña de subvencións para as actividades extraescolares dos nenos das familias con menos recursos económicos

A proposta será consensuada coa dirección e profesorado dos centros educativos e preténdese que sexa implantada pola concellería de Educación para o vindeiro curso

[Img #21206]

 

A concelleira de Educación mosense, Kely Monzón, anunciou na sesión plenaria deste luns que “dende o Concello de Mos seguiremos a apoiar e axudar ós alumnos e alumnas mediante materias transversais coas que poidamos axudarlles no desenvolvemento do seu crecemento intelectual e creativo para beneficialos canto estea na nosa man a nivel educativo, e continuaremos coas clases de técnicas de estudo e motivación para evitar o abandono escolar, impulsaremos como ata o de agora as clases de aopio de calquera materia troncal durante a tempada estival (das que se poden beneficiar tódolos nenos e nenas de Mos e que son gratuítas para os pertencentes a familias sen recursos); e consensuaremos cos equipos directivos e docentes dos CEIPS unha nova liña de actividades”. Esta última e novidosa proposta que se deseñará en consenso co persoal profesional dos colexios públicos mosenses incluirá actividades lúdicas e creativas para o desenrolo do alumnado, que se ofertarán de cara ó vindeiro curso escolar incluíndo unha liña de subvencións que beneficien ás familias con problemas económicos de xeito que os seus fillos poidan acudir a aquelas clases que lles interesen, nas que destaquen positivamente e queiran mellorar aínda máis, ou nas que teñan dificultades e precisen axuda; sen necesidade de que teñan que ser obrigatoriamente inglés ou informática, xa que esta iniciativa contempla tanto esas dúas coma calquera outra.

 

O equipo de goberno mosense votou no Pleno en contra dunha moción presentada polo grupo municipal GañaMos relativa á gratuídade de clases extraescolares de inglés e informática para nenos e nenas de familias con necesidades económicas alegando o deficiente nivel nestas materias na ensinanza Primaria pública.

 

A concelleira de Educación de Mos, Kely Monzón, defendeu e argumentou a postura do grupo de goberno declarando que “os políticos non somos quen de valorar se os Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria teñen bo ou mal nivel de inglés, esa valoración correspóndelle á comunidade educativa que, ademais de non presentar ningunha queixa ó respecto, non recibiu chamada nin contacto de ningún tipo por parte de GañaMos para interesarse polo grado de satisfacción con ambas materias, nin para contrastar se o suposto baixo nivel do alumnado nas mesmas era certo ou non”.

 

Pola súa banda Monzón asegura que “sí que mantivo encontros directos tanto coas direccións dos centros educativos coma cos mestres e mestras de inglés en concreto, obtendo como resposta a non existencia de maiores problemas ou dificultades por parte do alumnado de Educación Primaria nas asignaturas en cuestión respecto do resto de materias”.

 

Por este motivo os membros do Partido Popular de Mos votaron en contra da moción de GañaMos. “Esta negativa produciuse en primeiro lugar porque os populares mosenses non están de acordo coa exposición de motivos de GañaMos, na que dan a entender que o modelo educativo en vigor non garante as altas competencias dos alumnos de Primaria en inglés e informática e que non van ben preparados a Educación Secundaria nestas materias” aseguran.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.