O Porriño
A alcaldesa reitera que “o suplemento de creto é para que o concello poida funcionar”
“¿Qué explicación política hai en comprar parafuxos?”. Esa é a resposta que a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, deu este martes á petición do voceiro municipal do BNG para que detalle cales son os motivos que hai detrás de cada un dos gastos que abrangue a solicitude de Suplemento de Creto, que o gobernó local leva ao Pleno deste mércores, día 28, e que xa levara ao do pasado 30 de setembro.
“A modificación orzamentaria plantéxase porque o anterior gobernó local deixou partidas valeiras para afrontar o funcionamento diario do Concello”, lembra a alcaldesa, quen subliña que “non hai explicación política algunha en pagar a construcción dun muro ou en arranxar o tellado dun colexio”.
Eva García de la Torre reitera que solicítase o suplemento de creto ao Pleno porque é necesario dado que o actual goberno, “que se constituiu co apoio do Bloque Nacionalista Galego” atopouse con que non podía asumir os gastos correntes porque “nas últimas semanas de xestión do Partido Popular valeiraronse as partidas coincidindo coa época electoral”.
A alcaldesa, ademáis, engadiu que xustificar gasto por gasto é “unha laboura inxente” que requeriría horas de traballo que o Concello non pode asumir na actualidade sen descoidar a xestión diaria dos asuntos municipais. A elo súmase o feito de que os orzamentos non se fan por concellerías, como lembra García de la Torre ao BNG, senon por áreas de gasto, como se indica no informe que, dacordo co acordado no Pleno do 30 de setembro, achegouse a todos os grupos.
Unha vez maís, a rexedora amósase “absolutamente disposta” a debater e respostar a calquera cuestión que estimen os voceiros de todos os partidos da Corporación e a chegar aos acordos que permitan que o Concello siga traballando, asumindo as súas obrigas e solucionando os problemas dos vecinos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149