Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 30 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O Xulgado condena ao Concello de Salceda ao pago de 70.000 euros

Os populares recordan que "fai 5 anos sucedera o mesmo, entón o despido improcedente do arquitecto Óscar Freaza supuxera máis de 23.000 euros"

Segundo ven de denunciar o Partido Popular “a situación repítese de novo: un despido improcedente pagado co diñeiro de todos os veciños”.

 

E é que o Concello de Salceda de Caselas foi, recentemente, condenado polo Xulgado do Social número 4 de Vigo ao pagamento de 69.154 euros en concepto de indemnización por cesamento e cotizacións á seguridade social de Rocío González Ocampo, arquitecta que prestaba os seus servizos ao Concello.

 

O Partido Popular de Salceda de Caselas amosa as “probas da irresponsabilidade e nefasta xestión do Goberno local que volve cometer o mesma feito que fai 5 anos, cando tivo que pagar máis de 23.000 euros polo despido improcedente do entón arquitecto Óscar Freaza. Precisamente, Rocío González foi naquel momento a substituta e agora é ela a ‘vítima’”.

 

O Concello de Salceda recorreu pero o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deu a razón á arquitecta que a maiores da indemnización por despedimento (15.374,60 euros), solicitou o pagamento das cotización á seguridade social, o que supón 48 cotas (dende decembro de 2009 a decembro de 2013) a 1.111,91 euros/mes, que xunto ao recargo suman un total de 53.779,37 euros.

 

En resumo, din os populares,  que “pola incorrecta e irresponsable actuación dos actuais gobernantes municipais todos os veciños temos que pagar os case 70.000 euros. E así se certifica no decreto de Alcaldía 222/2015 cuxo asunto indica a modificación orzamentaria 11/15 e recoñecemento da obriga e realización do pago desta sentenza xudicial”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.